Desta volta e con tal alta participación, as urnas en CAT (ese instrumento revolucionario) falaron e falaron máis claro que nunca.
  comenta   0
A maioría no bloque independentista parece presaxiar un goberno formado por ERC, JxCat e as CUP, xa que son os únicos que suman o mínimo de 68 escanos necesarios no Parlament para a maioría absoluta. Os números non saen no bloque constitucionalista, pero quedan aínda moitas incógnitas por resolver ata a data límite do 23 de xaneiro.
  comenta   37
Núñez Feijóo, Luís Villares, Abel Caballero, Ana Pontón, Xosé Manuel Beira, Martiño Noriega ou José Antonio Quiroga falaron sobre o acontecido o 21D con posturas e visións moi contrapostas. Un defenden o diálogo para a solución do conflito e outros a aplicación da lei.
  comenta   2
ERC, Junts per Catalunya e a CUP poderán constituír de novo unha maioría absoluta que retome o camiño do proceso independentista, freado pola aplicación do artigo 155 da Constitución española. Con todo, Ciudadanos marca un fito ao converterse na primeira forza política neste país. O PP pasa a ser un partido residual. Os independentistas gañan en escanos pero perden en votos.
  comenta   34
Milleiros de interventores e apoderados desprazáronse dende diferentes puntos de España para participar nas eleccións autonómicas catalanas, principalmente, para apoiar ao PP e ao PSOE.
  comenta   0
Os colexios electorais abrían puntuais ás nove da mañá deste xoves. Pasaban uns minutos e xa comezaban a formarse colas diante dos centros de votación en moitos puntos de Cataluña. A participación nestes comicios é histórica.
  comenta   1
O 21 de decembro de 2017 pasará aos libros de Historia como o día no que o independentismo catalán e os partidos constitucionalistas mediron as súas forzas para dirimir quen ten máis poder neste país e aclarar o seu futuro, dentro ou fóra de España. O fotoxornalista Miguel Núñez, desprazado a Barcelona, retratou esta xornada para Galicia Confidencial.
  comenta   0
Ciudadanos competiría con ERC por ser a primeira forza parlamentaria. Sobe o PSC, baixan Catalunya en Comú e a CUP, e o PP case desaparece, segundo unha enquisa de La Vanguardia.
  comenta   0
A líder do Bloque, Ana Pontón, expresa o seu desexo de que haxa unha "participación masiva" nas eleccións deste xoves en Cataluña.
  comenta   5