Ramilo, Fontenla ou Fernández Alvariño foron presidentes da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) nos últimos trinta anos. Todos eles acabaron as súas presidencias rodeados de polémicas e, nalgúns casos, coas súas empresas afundidas. Algúns deles seguen tentando dominar a CEG, mentres os grandes fondos de investimentos estranxeiros se fan donos do país.
  comenta   2
O presidente da patronal di que dará "un paso ao lado" se esa é "a solución" aos problemas e anuncia un plan de viabilidade para setembro. Abanca adiantará 600.000 euros.
  comenta   3
O presidente da CEG baralla dimitir tras os graves problemas de financiamento da entidade e ante o “acoso” do sector crítico apoiado polo PP. A entidade podería entrar en proceso concursal e iniciaría un ERE.
  comenta   2
A nova dirección da CEG consegue aprobar o plan de viabilidade tras a abstención do sector crítico. Prevé oito despedimentos (dun equipo de 20 traballadores) e unha rebaixa de soldos que vai do 5% ao 30% en función dos postos.
  comenta   0
Celebra este luns unha xunta directiva e unha asemblea chaves para garantir a súa viabilidade económica na que ten que ratificar as contas de 2014 e 2015 e aprobar os orzamentos de 2016.
  comenta   0
A CEG ten serios problemas de financiamento polo bloqueo da elección do tesoureiro e do contador e da sinatura do plan PEXGA, do que dependen as misións comerciais en oito países. Funciona cuns orzamentos do 2013 prorrogados e os problemas entre o novo presidente, Antonio Dieter, e o seu rival, Pérez Canal, lonxe de solucionarse, acrecéntanse. O bando gañador critica que o PPdeG tenta influír nas súas decisións a través do bando perdedor.
  comenta   2