Mariluz Esteban Galarza estudou medicina mais o seu campo de traballo é a antropoloxía feminista en relación á medicina. Participante no XVI Congreso de Antropoloxía que se celebra na Coruña, explica as implicacións da antropoloxía dentro do campo da saúde e como se poden desenvolver novas vías de xestión sanitaria. Á parte, no congreso presentará unha proposta didáctica baseada en textos, música, son e imaxe co que pretende tanto ela como os seus colegas, romper os convencionalismos dunha intervención científica.
  comenta   0
"Temos que os pais viven a guerra, os fillos viven a Transición e son actores políticos e os netos son os que din: 'non estamos de acordo con este esquecemento, con este silencio e deixar abandonadas estas vítimas, imos recuperalas'".Francisco Ferrandiz é antropólogo con traballos relacionados coa memoria histórica e asesora ao Goberno nesta materia. Participa no XVI Congreso de Antropoloxía que se celebra na Coruña. Fala con nós sobre a memoria histórica, a necesidade da súa recuperación e sobre todo, mantela viva durante as seguintes xeracións para non repetir os danos causados no pasado.
  comenta   0
Está organizado pola Asociación Galega de Antropoloxía (Agantro) e a Asociación de Antropoloxía do Estado Español (ASAEE), tendo como sede a Universidade da Coruña. Tamén participan o CSIC, as tres universidades galegas e a Universidade de Tras - Os Montes- e Alto Douro
O antropólogo Marcial Gondar Portasany abre o encontro "A morte nos Fisterras europeos: Bretaña e Galicia" no Consello da Cultura Galega. A partir da relación coa morte nestes dous lugares de Europa, estudan as diferentes maneiras coas que afrontaban a perda dunha persoa, sobre todo, aqueles ritos que se perderon ou están apiques de desaparecer.
  comenta   0
Este 2021 pasará á historia como un ano no que non se puido festexar o entroido por mor da Covid. Coñecemos o sentir das ‘mázcaras’, figuras protagonistas no Fulión de Manzaneda.
  comenta   0
Tres son os esteos nos que asenta o discurso fundacional da Irmandade da Sanidade Galega: ciencia, humanismo e galeguismo. Os tres conceptos compleméntanse cando o exercicio da medicina se practica co auxilio da antropoloxía. A ciencia, como medio imprescindible para curar as anormalidades dos corpos; o humanismo, para que o profesional da medicina instalase o seu saber nas coordenadas culturais do enfermo, e o galeguismo para entender a esencia da urdime sentimental do paciente.
  comenta   0
Os ambientalistas cren que a extinción total do lobo pode provocar danos irreversibles no hábitat. Un deles a proliferación de animais salvaxes que podan transmitir enfermidades ao gando. Este animal foi un elemento importante na historia de Galicia e a restauración de antigos foxos de lobo en Galicia demostra que arredor del se tecían lazos que fortalecían a comunidade agraria.
  comenta   0
Todos os entroidos teñen similitudes por corresponder a un mesmo esquema ideolóxico, mais o feito diferencial do entroido de Manzaneda, “fulión”, está no ritual das mázcaras e as súas danzas xiratorias. Así o entende o antropólogo galego Rafael Quintía.
  comenta   2
Científicos de Italia e Estados Unidos coordinados polo profesor da Facultade de Medicina de Santiago Antonio Salas e o coordinador da Unidade de Infectoloxía e Inmunoloxía Pediátrica do CHUS, Federico Martinón, achegan datos históricos novidosos sobre a colonización de Sudamérica e o rol das poboacións andinas.
  comenta   0
Fernando Serrulla, xefe de Antropoloxía Forense do Imelga, recoñece que as posibilidades de saber se a moza madrileña, tras estar o seu corpo mergullado case 500 días, sufriu asgresión sexual "son poucas".
  comenta   0
A paleoantropóloga ourensá María Martinón, de 43 anos e membro do equipo de investigación de Atapuerca dende 1998, pretende "converter a Burgos na capital europea da evolución humana”.
  comenta   1
Os organizadores presentaron en Göttingen, Alemaña, o vídeo promocional do Congreso da Sociedade Internacional de Etnoloxía e Folclore que terá lugar na capital galega.
  comenta   0
A Sociedade Antropolóxica Galega pon a disposición de todo o público este documental que foi pioneiro nos traballos audiovisuais dedicados ao monte comunal en Galicia.
  comenta   0
Investigadores da Universidade de Santiago, do IPHES e das universidades de Ferrara e Tübinge estudaron restos e condicións deste enclave e conclúen que a desaparición das poboacións neandertais debeuse a unha combinación de diferentes factores, entre eles, o estrés causado pola chegada do Homo sapiens.
  comenta   0
Albión Galaica é unha viaxe polas antigüidades e tradicións máis senlleiras de Gales e do sur de Inglaterra. Propón, ademais, unha Galicia homologable dentro do conxunto europeo que rompe o mito da súa periferia.
  comenta   0
Científicos da Universidade de Santiago participan nunha investigación internacional para rastrexar a traxectoria xenética dunha das momias máis antigas de Europa.
  comenta   0