Unha serie de publicacións revelan a existencia de paralelismos estilísticos que permiten apuntar a existencia de convencións gráficas e un corpus artístico compartido na rexión en momentos finais do Paleolítico.
  comenta   0
Nas escavacións recuperáronse os restos das ferramentas líticas fabricadas en cuarcitas e cuarzos recolleitos nas beiras dos ríos próximos. Estes aparellos eran usados para procesar os animais cazados, as súas peles e para fabricar ferramentas en madeira. Tamén se atoparon restos óseos e dentais das presas, como mandíbulas e ósos de cervo.
O último informe do Consello da Cultura Galega di que non se levou a cabo o proceso de recoñecemento e salvagarda dos elementos patrimoniais, naturais e culturais previo á tramitación do parque.
  comenta   0
O Museo Histórico e Arqueolóxico de San Antón incorporou once novas pezas na súa colección arqueolóxica, tras o achado nas proximidades dos petróglifos localizados en Nostián.
  comenta   0
Campo Lameiro acolle unha mostra na memoria de Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza, un dos investigadores de maior contribución ao estudo dos gravados sobre pedra en Galicia.
  comenta   0
Os museos do país ofrecen máis de 10 exposicións temporais durante estas datas.
  comenta   0
Un estudo sobre o fluxo turístico e as condicións sanitarias impostas en once lugares arqueolóxicos de Galicia, tanto no interior como no exterior, entre xuño e setembro do pasado ano, acredita a importancia que o turismo arqueolóxico está collendo en época de pandemia na que priman normas sanitarias estrictas e controis de aforos.
  comenta   0
Os petróglifos apareceron rascados e remarcados por pedras de maneira abrasiva, o que supón "graves danos para estas representacións emblemáticas da arte rupestre en Campo Lameiro", apunta o consistorio.
  comenta   0
O arqueólogo Marcos García Díez explica nesta entrevista os revolucionarios achados artísticos neste xacemento galego, que amplía nuns 2.500 anos a duración da arte figurativa do Paleolítico Superior e convértese na cova máis occidental con gravados e pinturas deste período prehistórico, rompendo o límite franco-cantábrico fóra do cal se pensaba que non podían existir outros xacementos. O profesor da Universidad Complutense está "convencido" de que ten que haber máis xacementos en Galicia como Cova Eirós.
  comenta   1
O colectivo ContraMINAcción celebra a sentenza mais denuncia que a empresa Cementos Cosmos aumentou o seu ritmo de actividade, ameazando o patrimonio histórico da zona.
Colectivos culturais lamentan o proceso "agresivo" que ven nos xacementos da Subidá (Marín), Toiriz (Silleda) e Alobre (Vilagarcía). A "postura institucional" de Deputación de Pontevedra valida as actuacións.
  comenta   3
O Colectivo na Defensa do Patrimonio “A Forneiriña” presentou o pasado 17 de xullo unha denuncia polo estado actual das 9 estacións rupestres visitables do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre Campo Lameiro (PAAR). “Estes traballos cónstanos que foron realizados baixo a supervisión do antigo director do parque, José Manuel Rey, actual director do Museo de Pontevedra”, di.
O Parque da Arte Rupestre deseña un completo programa para este verán que inclúe obradoiros de arqueoloxía, roteiros e visitas guiadas nocturnas.
  comenta   0
Os equipos arqueolóxicos que acharon as pinturas deron parte á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural que valorou o descubrimento.
  comenta   0
Integrantes do grupo de Estudos para a Prehistoria do NW Ibérico realizan a primeira análise detallada sobre o inventariado da arte rupestre galega. Actualmente coñécense 3.374 estacións.
  comenta   0
Os arqueólogos identificaron nun deles unha arma de grandes dimensións en posición pasiva rodeada de diferentes animais, na súa maioría cervos, “algo inusual”, segundo os investigadores.
  comenta   0