O empresario vigués defende o seu proxecto de calderería e expón apoiar os seus gastos desde setembro. Demanda que se manteña a concesión dos terreos e prevé xerar 100 empregos, pero os sindicatos ven falta de concrección na proposta.
"Le voy a hablar de algunas empresas que han dejado caer ustedes: Alcoa, Vulcano, Barreras, Poligal, Isobar, R, Caramelo, T-Solar, Viriato, Alfageme, Conservas Cuca…". Foi a resposta que lle deu a ministra de Traballo ao deputado do PP, o vigués Diego Gago, tras meter o debate electoral galego no Congreso dos Deputados.
Carril atribuíu a situación a unha "pésima xestión empresarial" e á "pasividade" da Xunta, e lembrou que "falta un plan real de viabilidade para dar carga de traballo e futuro" ao emblemático estaleiro.
O xuíz constata unha viabiliade "a curto e medio prazo" tras a ampliación de crédito e a diminución de risco financeiro.
Din que o fan "por responsabilidade" e "porque para nada interesa o concurso", á vez que mantiveron que a súa aspiración é cobrar a totalidade do que se lles debe (máis de 20 millóns de euros).
  comenta   0
O exdirector xeral da petroleira estatal mexicana Pemex Emilio Lozoya Austin, impulsor da compra do estaleiro vigués Barreras por parte da petroleira mexicana, pasa este xoves a disposición da Audiencia Nacional tras ser detido por corrupción e fraude.
Emilio Lozoya, que se reuniu con Núñez Feijóo en 2013 e 2014 e propiciou a adquisición do 51% de Barreras está investigado por motivos de suborno e corrupción .
O BNG defende a necesidade dunha intervención pública "permanente" para garantir a "estabilidade" do estaleiro.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu a criticar este mércores a actitude da Xunta de Galicia ante a crise do estaleiro Fillos de J.Barreiras, e denunciou que o goberno galego "abandonou enteiramente" á empresa, cuxa solución "tivo que vir da man do Goberno" de España.
Avanzou que asumirá o sobrecusto do cruceiro que se constrúe no estaleiro vigués, ademais de asegurar un segundo buque.
O PSdeG critica que a Xunta vive a golpe de "anuncios mediaticos" como o "fracaso de Pemex". A Xunta di que aprobou préstamos por valor de 6,2 millóns a favor de 11 empresas do naval de Vigo e Ferrol.
  comenta   1
O conselleiro de Economía entende que "a solución debe permitir afrontar o conxunto da carga de traballo" de Barreras.
  comenta   0
Decenas de persoas congregáronse ante o estaleiro vigués nunha nova concentración convocada pola CIG para reclamar unha intervención do Goberno galego no mesmo que permita manter a carga de traballo.
As referencias a Vox volven ao hemiciclo galego trala súa entrada na Mesa do Congreso. Tamén se falou da "crise" na sanidade galega.
  comenta   0
Tomará o 75% do control do astaleiro co obxectivo de rematar o cruceiro de luxo que se constrúe en Vigo. Ofrece a "porta aberta" a García Costas para sumarse a esta "solución".
Francisco Conde constatou que a petición da disolución xudicial da sociedade permitirá dispor de "tempo" para atopar unha solución "razoable".
Estarán incluídas no programa de préstamos directos para o financiamento que ten activo o Igape, cun orzamento conxunto de 36 millóns de euros ata 2021. Mentres, Feijóo critica a deriva do conflito accionarial de Barreras.
  comenta   0
O número dous do Executivo autonómico sinalou que, segundo lle consta á Xunta, "mantense a carteira de pedidos" do estaleiro vigués, e continúan as conversacións entre os accionistas para dar viabilidade á empresa.
A CIG denuncia que en Vigo perdéronse 7.100 postos de traballo nunha década, dos que seis de cada dez eran empregos industriais.
A industria auxiliar afectada pola crise de Barreras acordou unanimemente dar "un paso adiante" para desbloquear a situación e negociará con Pemex (accionista maioritario da empresa a través da súa filial PMY) para "tomar o control" do estaleiro, ben mediante a súa entrada no accionariado ou ben mediante a cesión de dereitos políticos para ter "capacidade de decidir".
O Grupo atribúe á "inoperancia" da Xunta a "crise industrial sen precedentes" que vive Galicia. O PPdeG, pola súa banda, pide apoio para a proposta de estatuto electrointensivo.
  comenta   0
Asime volve urxir solución á crise de Barreras e constata que varias auxiliares están "preto" do preconcurso. Os sindicatos confirman que falta "liquidez" nas empresas.
Garcías Costas elude falar do futuro da empresa: "Non chegou o momento" e critica aos xornalistas por "inventar" cousas.
Nos últimos meses estanse sucedendo a un ritmo nunca visto a desaparición do tecido industrial galego. Uns datos que demostran que a pouca industra deste país morre paseniñamente pola inacción das administracións, os fondos boitres e as especulacións, e a falta de certezas laborais. Esta é a radiografía dunha crise que afecta a máis de 5.100 traballadores, desde a industria naval, á telefónica, pasando polas enerxéticas ou hidroeléctricas.
  comenta   6
O secretario xeral da Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (Asime), Enrique M. Mallón, defendeu a "legalidade" da entrada de Pemex no accionariado de Barreras ante a revisión de contratos da empresa mexicana anunciada polo Goberno do país latinoamericano.
Reuniuse co conselleiro delegado de The Ritz-Carlton Yacht Collection, Douglas Prothero, o armador do iate de luxo que constrúe o estaleiro vigués.