Os feitos aconteceron no barrio de esteiro ás catro da mañá do domingo, polo que o bar tamén incumpriu a limitación de horarios.
  comenta   0
José Tomé afeoulle á Xunta que se puido "estigmatizar" ao barrio da Milagrosa de Lugo ao adoptarse medidas específicas nesa zona e non se fixera con outras zonas máis afectadas da Coruña.
O presidente da Asociación de Veciños da Milagrosa, Valentín Arias, expresou este luns a súa "preocupación" polas "medidas tan lesivas" que se puxeron en marcha para frear os contaxios de coronavirus na zona e que, apunta, puxeron "unha laxa ao barrio".
Non toma ningunha medida adicional na Coruña ou en Ourense. Haberá número establecido para realizar vodas, comuños e bautizos nestas zonas.
  comenta   0
Clara pasou os primeiros anos da súa vida no Ferrol do nacionalcatolicismo. Eran tempos de penurias, e máis para as familias dos represaliados. «Pasamos tempos duros: recordo algúnhas veces, que miña nai, repartía un ovo entre miña irmá e eu, ela quedaba sen comer»
  comenta   1
A autora do vídeo subiuno ás redes sociais para queixarse do ruído de madrugada. A propietaria do bar defende que actúan con legalidade. Unha veciña asegura que a autora xa está "denunciada ante a xustiza" e que profire ameazas e insultos contra os donos do local: "É unha persoa problemática".
  comenta   3
O Concello instalará tamén unha estatua de Isaac Díaz Pardo na Alameda con motivo do centenario do seu nacemento na cidade.
  comenta   0
Centos de profesores e representantes sindicais encheron San Caetano para esixir a retirada do protocolo da Consellería de Educación para o regreso ás aulas en setembro.
  comenta   2
A Real Academia impulsa unha xornada con diversos académicos para divulgar sobre a traxectoria histórica das marcas galegas
  comenta   0
Compostela amence con ducias de carteis que subliñan o trato de favor do candidato do PP e presidente da Xunta a empresas como Ence ou La Voz de Galicia ao tempo que lle 'agradecen' irónicamente as subvencións millonarias á prensa "un mes antes das eleccións".
  comenta   1
"Mola levar camisetas de New York ou de Los Angeles, pero mola aínda máis levar unha camiseta do teu propio barrio". Así é como agroma 'Xente de barrio'.
  comenta   0
O programa inclúe actividades de todo tipo en diversas zonas, co obxectivo de incentivar a reactivación da cidade. O prazo de inscrición para elas abrirase o próximo 19 de xuño.
  comenta   0
O presidente galego di que ata que non se publique o real decreto de ampliación da prórroga non sabe as competencias que terá na fase tres. Pide medidas comúns en educación para todo o Estado.
  comenta   2
Con estas sete propostas de sanción ascenden a 360 as denuncias tramitadas por infrinxir o estado de alarma.
  comenta   0
O sindicato defendeu desde o inicio a obrigatoriedade de aterse á normativa, que establece que se abonarán os gastos salariais dos traballadores durante o período de suspensión do contrato.
  comenta   0
Nesta primeira semana de desconfinamento, as crianzas estanse enfrontando a un mundo que lles resulta moi estraño; e as experiencias non sempre son positivas. Amara, unha cativa de cinco anos, asegura con firmeza que mentres o coronavirus ande entre nós, ela non quere saír máis á rúa. Outras crianzas, en cambio, viven esa hora de paseo coma unha auténtica festa.
  comenta   0
Esta muller é memoria viva do barrio de Covas , en Viveiro, que durante boa parte do século XX se miraba no mar: filla de peixeira, pescadeira ela tamén e probablemente unha das primeiras mulleres da Mariña Lucense en saír faenar.
Unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio de Lugo interceptou ao condutor dun patinete eléctrico a unha velocidade superior aos 25 quilómetros por hora permitida e sen documentación acreditativa da homologación do artefacto.
A Federación Provincial do Banco de Alimentos de Vigo recolleu máis de 40.000 quilos de comida nunha semana mediante a primeira operación solidaria que levou a cabo en liña.
É o que conta Jesús Suárez. Nestes momentos no que o silencio é protagonista nas rúas, as referencias sonoras para el, e tamén para Carme e Felipe, mudaron. E agora que o contacto con outras persoas se volve inseguro, eles, que ven coas mans, din sentirse máis perdidos. Aquí van as súas historias de confinamento.
  comenta   0
A tenda El Alquimista, en Lugo, abriu hai seis meses, coa mirada posta na Semana Santa e no verán, "pero agora fastidiouse todo". Teñen "ilusión" para seguir, pero "as vendas non van ser iguais despois disto". A veciñanza será chave na recuperación económica das tendas de barrio e por iso algúns establecementos, como o Paprica, chaman pola súa axuda e ofrecen bonos que poderán trocar máis adiante nos propios locais.
O número de infectados por COVID-19 ascendeu a 5.551 na comunidade galega, tras rexistrarse 91 casos novos. Nas últimas horas, sóubose de nove pasamentos máis por mor desta enfermidade, catro deles en residencias de maiores.
  comenta   5
"Tocar unha peza cando finalizan os aplausos converteuse en costume", explica un músico ourensán que xa ten a súa particular lexión de fans polas xanelas do barrio. Non son poucos os que se animan a cantar ou facer soar a música dende as súas casas para romper a rutina da corentena. "Xa é unha forma de socialización", din.
  comenta   0
Compran "luvas de lavar a louza" e fan "máscaras con trapos" para protexer "como poden" a anciáns e nenos fronte ao coronavirus. O alcalde de Maside explica que o Concello entregou lotes básicos de comida e produtos de limpeza a todas as familias en exclusión social.
  comenta   0