Científicos avisan de que o quecemento do mar desprazará ameixas, berberechos e mexillóns desde zonas máis interiores cara ao exterior das rías e limitará o seu crecemento e reprodución, causando “cambios socioeconómicos”.
  comenta   0
Introducida na década de 1980 e explotada comercialmente nas Rías Altas, a ostra do Pacífico podería espallarse cara ao sur e ocupar a totalidade das Rías Baixas polo quecemento do mar, causando impactos ambientais e económicos, alertan científicos.
  comenta   0
Os investigadores confirman o primeiro rexistro en Galicia de infestación de vieiras por 'Polydora hoplura', na ría de Vigo, e temen que se estea espallando por outros puntos. Este verme afecta a moluscos bivalvos, nos que se instala perforando as súas cunchas, comprometendo o seu desenvolvemento e existencia.
  comenta   0
As confradías da ría de Ferrol denuncian que os entes públicos non cumpriron a promesa de financiar unha investigación para averiguar o porqué da caída de produción.
  comenta   0
Os cada vez máis habituais episodios de choivas torrenciais contribuirán á perda de salinidade do mar e aumentarán a mortalidade destes bivalvos, segundo un novo estudo.
  comenta   0
A coquina pasou de 40 toneladas nos anos 90 aos 500 quilogramos da actualidade, mentres que o mexillón afronta un novo perigo, as biotoxinas SPX-13 e a PnTX-G, pouco estudadas aínda en Galicia. Pola contra, un equipo no que participa a USC afondou sobre a “marteliose”, un dos principais inimigos dos berberechos.
  comenta   0
Así o asegurou a directora xeral de Pesca, que reporta unha baixada xeralizada da pesca en rías por mor da pandemia.
  comenta   0
A exposición a maiores temperaturas polo cambio climático aumentará as taxas de mortalidade nos bivalvos, segundo un estudo realizado en rías galegas.
  comenta   2