Seguramente o Comandante Fidel Castro foi un dos homes máis destacados da historia da humanidade. A súa capacidade intelectual, a súa concepción global do mundo e o seu compromiso cos pobos que loitan pola súa dignidade, a soberanía e a paz, convertérono nun importante estadista e referente internacional.
  comenta   0
A Policía Local tamén 'cazou' nos últimos días a varios homes que cuadriplicaban o límite establecido.
Para as persoas amantes do cinema, o filme “Casablanca” figura, sen dúbida, no catálogo das ficcións imprescindíbeis. Por iso, resultará doado que lembren a escena no que o experimentado e cínico capitán de policía Louis Renault, presente habitualmente no “Café de Rick” afirma escandalizado, e antes de ordenar o peche do local, que alí se está xogando. A metáfora desta sorpresa impostada podería ser trasladada a certas reaccións rexistradas ante o coñecemento dos chamados “papeis de Pandora”, un conxunto de documentos demostrativos de contas opacas en paraísos fiscais para agachar as obrigas tributarias asociadas a diversos persoeiros das elites económicas, políticas, artísticas e deportivas de distintos países do mundo.
  comenta   0
Os nacionalistas denuncian o "abandono" de Exteriores e advirten da situación "extrema" que atravesa o mariñeiro de Bueu.
Cada certo tempo, a situación política e social na que vive Cuba ocupa lugares destacados no mundo mediático do Estado español. Nesta última ocasión, o motivo da aparición foron as protestas rexistradas nalgunhas cidades e vilas da illa caribeña por mor das dificultades que atravesa un amplo sector da poboación para conseguir os bens e servizos que precisa para facer fronte aos efectos derivados da pandemia do coronavirus.
  comenta   0
A compañía recuperou os dereitos de comercialización do produto en máis de 40 países e conservará os dereitos exclusivos da produción.
  comenta   0