Un cento de mulleres do cerco remataron en Santiago unha pelegrinaxe simbólica cunha manifestación na Praza do Obradoiro.
  comenta   0
Logo de tres meses de protestas celebran que se teña incrementado un 17% máis de cota neste 2016, pero avisan que “a loita non cesa”.
  comenta   0
Un total de 200 persoas durmirán en María Pita en sacos de durmir. Contan co apoio das redeiras e do rexedor Xulio Ferreiro que lles facilitou calefactores.
  comenta   5
O sindicato critica a "pasividade" da Consellería de Pesca. As mulleres do cerco toman a palabra e denuncian tamén o abandono que padecen.
  comenta   1
Agardan que no 2016 se resolva a súa situación para lograr un mínimo de cotas para os seus barcos. Acerga, asociación maioritaria, e Cerqueiros Galegos, de nova creación, aproximan posicións.
  comenta   3
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, di que “hai un achegamento claro” para acadar un posicionamento común de Galicia sobre o reparto da cota pesqueira. Mentres, as mulleres do cerco envían un SOS aos alcaldes galegos. Vídeo no interior.
  comenta   0
Estes días sufrimos unha sabotaxe na nosa pequena empresa de 23 traballadores, votaron ácido en dous aparellos, nos nosos barcos. É, o ultimo ataque, dunha serie de cinco, a armadores que xestionamos a cota de xeito individual, a outros non lles toca. Por unha banda diálogo, pola outra sabotaxe, sabótasenos, por xestionar como mellor consideramos para nós e os nosos tripulantes.
  comenta   0
Francisco Trigo Durán, avogado e representante de Percebellos CB, denuncia sabotaxes a cinco barcos e armadores.
  comenta   0
Representantes dos mariñeiros e o presidente da Xunta protagonizan un tenso encontro na rúa. As mulleres inician esta noite a súa acampada en Santiago.
  comenta   1
O reparto de cotas baseado no histórico está a beneficiar aos armadores máis potentes. Isto dividiu ao sector en Galicia. A maioría e os máis pequenos está a protestar diante da Xunta. O resto formou recentemente unha asociación propia que apoia o actual reparto.
  comenta   1
O cerco galego denuncia que o novo plan de xestión afúndeos aínda máis. Acusa á Xunta e ao Ministerio de Pesca desta situación e pídenlle a Rosa Quintana que explique os “intereses que ten en facer desaparecer ao cerco e beneficiar ás grandes piscifactorías”.
  comenta   1
Varios milleiros de persoas marchan por Santiago para reclamar un novo reparto das cuotas pesqueiras para os cerqueiros. Os armadores acusan a Xunta de intentar dividilos fomentando outra patronal e logran congregar o apoio de toda a oposición.
  comenta   0
Acudiron con cartaces nos que se podía ler “Feijóo traiciona a los gallegos” en referencia a crítica situación do cerco.
  comenta   0