A ministra de Sanidade, Carolina Darias, informou de que o Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde (CISNS), no que están representados o Ministerio de Sanidade e as comunidades autónomas, ten previsto aprobar o vindeiro mércores a actualización da Estratexia en Cancro.
  comenta   0
Destacan algúns aspectos clave como o desenvolvemento do Código Europeo contra o Cancro, que fai fincapé nas recomendacións clave en prevención para a cidadanía.
  comenta   0
O seu achado pode permitir predicir de forma temperá a progresión dalgúns tipos de cancro, como o de próstata, tal como reflicte un estudo realizado por este grupo de investigadores da unidade Roche-CHUS.
  comenta   0
Investigadores do Hospital Universitario de Albacete, da Universidad de Castilla-La Mancha e do Centro Tecnolóxico da Carne de Galicia, en colaboración co reputado científico chinés Chunyi Li, presentan os resultados dunha investigación pioneira que demostra o potencial do extracto das hastas en crecemento dos cérvidos para tratar o glioblastoma, un tumor agresivo no cerebro.
  comenta   0
formaron parte deste traballo Manuela Gago e Anxo Carracedo, do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) - Fundación Galega de Medicina Xenómica; e Esteban Castelao, do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur.
  comenta   0
Os investigadores identificaron 86 novos xenes relacionados coa enfermidade descoñecidos até agora, o que eleva a 269 as variantes xenéticas asociadas a este doenza.
  comenta   0
O catedrático da USC móstrase "moi ilusionado" co proxecto, que "marca o camiño presente e futuro do desenvolvemento da medicina personalizada de precisión" en España.
  comenta   0
O Defensor do Paciente remitiu un escrito á Fiscalía Superior de Galicia para que abra unha investigación de oficio. O hospital ponse a disposición da familia para aclarar posibles dúbidas.
  comenta   0
Investigadorres analizan as tendencias en buscas en Google en España durante a última década relacionadas co cancro de orofarinxe.
  comenta   0
Os especialistas analizaron máis de 9.800 casos de pacientes con esta enfermidade diagnosticados entre 2016 e 2019, todos eles procedentes do Rexistro de Tumores Torácicos do Grupo Español de Cancro de Pulmón (GECP).
  comenta   0
Os nefrólogos fan un chamamento sobre a importancia da prevención e a promoción da saúde renal, adoptando hábitos de vida saudables.
  comenta   0
O Sergas terá que pagar esta cantidade logo de recoñecer unha "mala praxe" que levou a que o informasen da malignidade "ata máis de dous anos e medio despois".
  comenta   0
O radon foi declarado carcinóxeno humano. Varios estudos alertaron das súas altas concentracións en Galicia, unha das zonas con maior concentración deste gas.
  comenta   0
"Con frecuencia os pacientes que mostraron unha resposta terapéutica positiva inicial sofren unha recaída, e os novos tumores mostran un comportamento máis agresivo", din os investigadores.
  comenta   0
"Estes resultados son convincentes en comparación cos datos dispoñibles sobre opcións alternativas en pacientes similares" declaran representantes da compañía.
  comenta   0
O Consello de Estado declara que hai suficiente evidencia científica para demostrar o perigo canceríxeno do po de sílice. As mineiras alegaban que recoñecer esta enfermidade “supoñía imporlle ás empresas cargas inxustificadas”.
  comenta   2
Moitas das vivendas galegas, feitas en pedra, teñen presenza deste material. Segundo recolle a investigación, o tabaco produciría unha importante amplificación do efecto, “así, unha persoa gran fumadora, pode chegar a multiplicar practicamente por 3 o seu risco de cancro de pulmón”.
  comenta   0
A compañía recuperou os dereitos de comercialización do produto en máis de 40 países e conservará os dereitos exclusivos da produción.
  comenta   0
Científicos da USC, en colaboración coa universidade sueca de Upsala e a farmacéutica Sosei Heptares, danlle un novo pulo ao desenvolvemento de fármacos máis selectivos na inmunoterapia do cancro.
  comenta   0
O equipo 'Investigación é Vida' chega a Santiago tras case unha semana de ruta ciclista polo Camiño Inglés.
  comenta   0
Segundo o Colexio de Podólogos de Galicia, este tipo de patoloxía "diagnostícase, en moitas ocasións, con atraso por ser unha zona pouco examinada, ademais de imitar outras afeccións, incluíndo lesións vasculares e úlceras".
  comenta   0
Libera Bio fai uso da plataforma patentada MPN Technology para "dar un paso máis na utilización de medicamentos biolóxicos no tratamento personalizado do cancro".
  comenta   0
"Só pido que me traten coma un cidadán normal sen necesidade de enchufes.... e que destinen os recursos necesarios para atender á cidadanía con garantías... un cancro se non se trata a tempo ten un final anunciado", di este paciente que presentou unha denuncia no Defensor do Paciente.
Un estudo realizado en sete hospitais galegos calcula que a mediana de supervivencia dos enfermos non fumadores é un ano e medio desde o diagnóstico da enfermidade. Os científicos atoparon unha mellor supervivencia en pacientes expostos a concentracións máis baixas de gas radon residencial.
  comenta   0
Grupos de investigacón da USC demostraron que as modificacións químicas en ARN son esenciais na reprogramación celular.
  comenta   0
A Xunta publicou un documento para a reincorporación ao traballo dos funcionarios públicos sen convocar os Comités de Seguridade e Saúde Laboral nin a Mesa Xeral de Empregados públicos.
Investigadores da USC descobren un novo mecanismo implicado no desenvolvemento desta enfermidade que afecta a unha de cada catro persoas no mundo e para a que non existen fármacos na actualidade.
  comenta   0
O Ministerio de Sanidade publica un documento científico-técnico no que apunta que as embarazadas, xunto coa xente maior e a que vive en residencias son persoal de risco.
  comenta   0
A farmaceutica galega PharmaMar anuncia que podería ter un tratamento para esta patoloxía en menos dun mes.
  comenta   2
A Unión Europea puxo o 2022 como límite da moratoria para empregar o glifosato no seu territorio. Este herbicida está no centro dunha polémica sobre o seu uso que enfrenta gobernos con asociacións agrarias, ecoloxistas e sociais. Tamén hai quen dentro da agricultura defende o seu uso responsable, considerando que de non facerse os custes de produción agraria dispararíanse.
  comenta   0
O programa galego de detección precoz de cancro de mama, que ata agora se desenvolvía na Casa do Mar, comezou a súa actividade este martes no Hospital Meixoeiro de Vigo, segundo informou o Sergas.