Como moitos refráns populares iste é un dos que ben pudera valer para reflexionar un chisco sobor da mensaxe que nos deixa. Pois, despois de ver o debate do sábado e o do luns onde un dos contrincantes falaba, apoiándose na constitución actual, de ilegalizar partidos nacionalistas que promulgan ideas que iste persoeiro non comparte e cesar e encadear a persoas ó marxe do poder xudicial, a frase dá pra pensar diante os obxectivos de fondo que persigue.
  comenta   0
Cando en termos xerais o réxime constitucional do 78 non foi máis que a reformulación e renovación do franquismo, resulta un anacronismo exhumar ao ditador sen poñer en marcha un proceso constituínte que dea lugar á redacción dunha nova constitución
  comenta   0
"Sería bo que algúns políticos actuais escoitasen máis a Vázquez que a Torra e máis aos constitucionalistas que aos independentistas", asegurou o presidente da Xunta e dos populares galegos.
  comenta   2
Contra o que se nos quere facer crer, a Lei Fundamental, neo-franquista á que redactada manu militari, chamaron Constitución, presenta de raíz un notorio déficit de legalidade pola presionada inclusión no seu texto de leis da ditadura.
  comenta   0
Co balbordo éste da fracasada ou-seica- interrupta investidura comentouse ben pouco a proposta enunciada no seu programa como candidato parlamentario polo Presidente en funcións do Goberno do Estado, de reforma do artigo 99 da Constitución para investir directamente ao candidato máis votado nas estatais. A tal reforma sería unha mutación constitucional fulcral que atentaría contra a liña medular da gobernanza do Estado na Constitución actual, baseada na proporcionalidade entre número de votos e de deputados (bastante deturpada, porén, pola Lei D´Hondt) e máis a soberanía parlamentaria.
  comenta   0
Tras o constitucionalismo do PP e Ciudadanos non está o referendo da vontade popular, senón a actuación de dúas marionetas cuxos fíos son dirixidos por personaxes anónimos que se encobren detrás do eufemismo xenérico dos mercados.
  comenta   1
Estes días hai unha gran "indignación" entre os autodenominados "constitucionalistas", en primeira orde a "señora" Ines Arrimadas que xunto ao seu consorte político, Albert Rivera, e á ultradereita parecen ser os propietarios da identidade Española e da súa Constitución, aínda que día tras dia pisotean esa mesma Constitución que falsamente din defender.
  comenta   0
O pleno de constitución celebrarase este venres, despois do recurso que declarou nulo un voto ao PSOE e deu a vitoria aos independentes.
Xosé Luis Barreiro Rivas (Forcarei) xubílase este ano do seu posto na Facultade de Ciencias Políticas da USC. Foi unha das figuras máis trascendentais na política galega antes da irrupción de Fraga. Tivo luces, como a creación dunha gran televisión pública en galego, e sombras, como a súa inhabilitación para cargos públicos por seis anos. Nesta entrevista lembra os últimos 35 anos da vida política galega que tamén ten luces e sombras e fala, tamén, da influencia dos medios de comunicación na política. "Os que publicaron a famosa foto de Feijóo (con Marcial Dorado) e de Quintana (no iate de Jacinto Rey) sabían que estaban enganando ao persoal", asegura.
  comenta   5
Se se confirma que Vox se desmarca da Constitución e aceptamos que é unha ameaza para a convivencia en democracia e só utiliza a democracia como un medio para fins alleos aos valores da Constitución (populismo), daquela estamos falando de moito máis ca de Vox. Estamos falando dun feixe de partidos, mesmo anteriores a Vox, todos eles ben levados co goberno do Estado, algúns deles enchoupados en sangue e desfrutando cun cinismo inconmensurable desa condición sanguinaria.
  comenta   0
Pide a Cs e Vox que "non enganen", porque poderían ser "cómplices" de que "non se volva a aplicar este artigo da Constitución Española.
  comenta   0
Ao comezo dos meus estudos universitarios, o profesor de Dereito Natural, Joaquín Almoguera, xa me advertira “Mire, non existe propiamente a Constitución. Existe o Tribunal Constitucional”. Velaí unha verdade temperán, enxergada cando o Alto Tribunal non tiña nin seis anos de vida.
  comenta   0
Javier Losada asegura que se poderá debater o traspaso das competencias que permita a Constitución, pero advirte de que, para demandalas, "hai que atendelas", en referencia á xestión da sanidade pública.
  comenta   0
Os voceiros de ideoloxía liberal de España, nun insólito ataque de sinceridade e claridade recoñecen que a súa política económica, tras a cesión da soberanía á U.E. ao reformar o artigo 135 da Constitución, condena á maioría da poboación á pobreza.
  comenta   0
Os populares lembran que foi "pai da Constitución e político chave na Transición e na democracia española". Pola súa banda, EU e o Partido Comunista piden a retirada do título honorífico de “fillo adoptivo” da Coruña que lle concederon en 1968.
  comenta   0
Esta é unha definición, que no caso e Galicia, é o apelido de 5 autoridades portuarias, en realidade 7 portos. Ven a dicir que estes portos son competencia do Estado en consonancia co interese xeral que regula a Constitución. O artigo 141.1.20 da Constitución marca esta actuación, preservando para o estado aqueles de interese comercial.
  comenta   0
A conmemoración dos 40 anos de vixencia da Constitución española foi unha referencia abondosamente citada nas crónicas do ano que ven de rematar. A cifra -case coincidente coa duración da ditadura xurdida do golpe de Estado de Franco- era propicia para facer análises do sucedido nestas décadas e conxeturar sobre hipotéticos horizontes de futuro.
  comenta   0
O director da RAE cre que dicir que a Constitución está escrita "en masculino" é facer un "borrón" da historia e considera que retirar palabras "inconvenientes" do dicionario sería "censurar". Asegura que o galego "está no mellor momento da súa historia"
  comenta   3
Todo ocorreu no Palacio das Cortes, sito na Praza das Cortes, núm. 1, en Madrid, antigo convento do Espírito Santo da Orde dos Clérigos Menores. Foi un día 23 de agosto de 2011 cando o presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, propuxo a reforma da Constitución “para establecer unha regra que garanta a estabilidade orzamentaria no medio e longo prazo, tanto en relación co déficit estrutural como na débeda, que vincularía a todas as administracións públicas” (Vid. El Mundo 24 de agosto de 2011).
  comenta   0
O presidente da Xunta tamén declarou que os que "tratan de romper a convivencia constitucional recorren como coartada a un suposto fracaso do modelo que empezou no ano 1978".
  comenta   1
Ti es un cidadán libre, nunha das máis modernas democracias europeas, cunha Constitución que ven de facer os 40 anos (na España, un record), aínda que non é preciso que a leas nin tentes de comprendela. Es soberano e de clase media, mesmo se vives dun miserento salario social ou repartes pizzas como autónomo nunha bici, para unha empresa que nunca vaiche contratar. Tes dereito ao traballo, por acaso precario, ou nas antípodas, tal vez tipo deliveroo, pero o que é ter, telo —sempre que esteas disposto a ir onde estea o traballo, claro—.
  comenta   0
Ao perder a xustificación obxectiva que facilitou a constitución de en Marea, é inútil seguir gardando as aparencias cando máis aló da súa simulada convivencia harmónica o que percibe o electorado, non só non reporta en positivo senón que resta.
  comenta   9
“As forzas vivas do barrio, maioristas de alpiste, axiotistas do aceite e un propetario de autoescola, celebraban o patrón con festa de pote e discursos” (Miss Ourense, Bieito Iglesias).
  comenta   0
Ao xuízo do catedrático de Dereito Constitucional da USC, Antonio Carlos Pereira Menaut, “optar por un sistema federal” ben inspirado no modelo estadounidense, ben inspirado no alemán, contribuiría a unha mellora da situación actual.
Mocidade pola Independencia presenta os vídeos das accións que realizou contra a Constitución española, a monarquía e as herdanzas franquistas.
  comenta   0
O secretario xeral dos 'populares' galegos evita aclarar isto e xustifícase en que este partido "non existe en Galicia". Tellado erixe o PPdeG en "defensor" da Constitución, fronte a un BNG de "extrema esquerda" que "divide" Galicia.
  comenta   3
O Día da Constitución deixa en Galicia unha xornada con declaracións do presidente da Xunta sobre a escasa incidencia de Vox no país. Por outra banda, o BNG manifestou a súa posición contraria a un texto constitucional pedindo autodeterminación.
  comenta   4
O presidente da Xunta pon a Galicia como un "referente de moderación e de diálogo" para o resto do estado.
  comenta   5
Pontón pide "desmentir a patraña de que o estado español é un estado descentralizado" e advirte sobre o perigo de Vox: "Franco morreu, pero o franquismo non".
  comenta   10
O presidente da Xunta mantén que goberne o máis votado e di ao PSOE que se aceptase cambiar xa a norma, "o PP non debería encabezar o Goberno en Andalucía".
  comenta   4
Javier Losada rexeita que se poida falar de "eutanasia" da Carta Magna e argumenta que o "inmobilismo" é "o primeiro inimigo das democracias que queren mellorar".
  comenta   1
O alcalde de Vigo acusou ao goberno galego de "deslealdade" por "inmiscuirse" nas competencias dunha administración municipal.
  comenta   1
Fíxoo durante a súa intervención nun encontro sobre 'O futuro do constitucionalismo español', xunto co presidente de Ciudadanos, Albert Rivera, nun acto celebrado no Palacio de Congresos e Exposicións (Palexco) coa asistencia de mil persoas.
  comenta   3
O tribunal acusa á Secretaría Xeral de Medios de atentar contra "os dereitos fundamentais da persoa" e vulnerar o artigo da Constitución española que recoñece o dereito da cidadanía á liberdade de expresión e a recibir e a comunicar libremente información.
  comenta   2
O presidente da Xunta de Galicia reivindicou o "legado" da Constitución de 1978 para crear un país "aberto" e "moderno" e criticou que xeracións que se desenvolveron en democracia se permitan "o luxo" de cuestionar os acordos adoptados naquel momento, instando a afastarse da "inestabilidade" e "da ruptura".
  comenta   0
O modelo produtivo de Galicia está hoxe de novo en cuestión, mais a realidade é que este modelo non existe e como proba e a recente nova sobre Alcoa na súa factoría de Coruña, recente pero non por iso novidosa. Cada final de ano, dende os EEUU, mandan unha mensaxe lobbista de peche, ou ERE ou de liquidación das factorías alumineiras asentadas en Galicia pero que tributan en Madrid.
  comenta   0
Tamén participarán artistas como Izal, Mikel Erentxun, Pedro Guerra, El niño de Elche, Zahara, Carlos Jean ou Ángel Stanich.
  comenta   0
A organización xuvenil do BNG reivindica a acción como "un acto de defensa da liberdade de expresión" e chama a "abolir" a monarquía.
  comenta   7
Os socialistas, que tiñan a súa propia proposta de Memoria Histórica, descólganse do PP na iniciativa sobre abrir fosas do franquismo.
  comenta   0
Sen ningunha dúbida, a identidade de xénero —como a orientación sexual— é unha característica igual de íntima e persoal que a ideoloxía, a relixión ou as crenzas que profesamos. E case tan plural, xa que unha persoa pode sentirse de xénero masculino, feminino, de ambos á vez, de ningún deles ou dalgún outro que nin coñecemos nin imaxinamos.
  comenta   0
Censura o candidato de Podemos á Presidencia da Comunidade de Madrid e deputado no grupo confederal polas súas declaracións sobre o pacto constitucional.
  comenta   8
Neste pasado mes de Xullo, cumpríronse vinte anos dun feito de especial relevancia.Efectivamente, no verán de 1998, CiU, PNV e BNG acordaron actualizar as vellas alianzas de Galeusca e subscreberon a chamada “Declaración de Barcelona” na que se apostaba por unha reforma substancial do texto constitucional ou, no seu defecto, por unha nova lectura da “lei de leis” que permitise un maior desenvolvemento do autogoberno nas tres nacións históricas recoñecidas explicitamente na Constitución de 1978.
  comenta   0
Cando o Tribunal Constitucional resolveu en 1986 o recurso de inconstitucionalidade presentado pola Delegación do Goberno contra algúns preceptos da Lei de Normalización Lingüística de Galicia, a sentenza ordenaba que a Administración tiña que dispoñer dun prazo de adaptación gradual e progresivo ao réxime da cooficialidade lingüística previsto na Constitución. Acontece que trinta e dous anos despois ese aggionarmento aínda non se producíu en moitas administracións.
  comenta   0