A eurodeputada galega e candidata de En Marea-Compromiso por Europa resalta a importancia destas e valorou como "fundamental" escoller este domingo os deputados que van representar aos cidadáns en Europa.
  comenta   0
Un total de 6.907 persoas vinculadas ás forzas de seguridade velarán este domingo pola seguridade da xornada electoral en Galicia, na que está previsto que abran un total de 3.955 mesas electorais.
  comenta   0
A cita electoral para renovar os concellos celébrase de maneira simultánea aos comicios para o Parlamento Europeo, nas que o censo en Galicia alcanza as 2.705.842 persoas.
  comenta   1
Os ourensáns serán os que pasarán máis calor con 29º, e os pontevedreses tamén terán un día de praia, con 27º e 26º en Vigo.
  comenta   0
A eurodeputada pide aos votantes que recollan nos colexios as papeletas de Compromiso por Europa, que En Marea non enviará por correo ás casas e destacou as súas máis de 1.300 intervencións e iniciativas realizadas en Bruxelas.
  comenta   0
Feijóo, Villares e Ana Pontón arrincan na capital galega con almorzos informativos e Caballero fará o fin de festa en Camariñas.
  comenta   0
A que fose deputada do PP na Asemblea de Madrid Teresa Gómez-Limón, vítima do accidente do tren Alvia ocorrido fai case seis anos en Angrois (Santiago), pediu o voto para a candidata do BNG Ana Miranda.
  comenta   0
A eurodeputada e candidata de En Marea-Compromiso por Europa defende ademais a necesidade de establecer medidas que terminen coa discriminación laboral das mulleres no sector da pesca.
  comenta   0
Hai quen opina que os soberanistas cataláns de JuntsxCat e ERC trabucáronse ao non elixir como senador a Miquel Iceta para permitirlle acceder á Presidencia do Senado estatal que lle asignada dixitalmente por Pedro Sánchez. Xa saben, é a ladaíña á que están afeitos os soberanistas das nacións todas do Estado: tede conta, rapaces, non vos portar mal co PSOE que senón veñen os malos malísmos das tres dereitas.
  comenta   0
Pontón arroupa a Goretti Sanmartín nun mitin na capital galega, onde apelan a trasladar a Santiago "o modelo BNG".
  comenta   0
Tamén afirma que neste mandato no Parlamento europeo, como eurodeputada, reclamou a revisión das mesmas e promete facer o mesmo se obtén un escano.
  comenta   0
A candidata de En Marea ao Parlamento europeo, Lida Senra reclamou políticas europeas que protexan a pesca artesanal e de pequena escala, durante unha visita ao mercado municipal da praza de Lugo, xunto ao portavoz de En Marea, Luís Villares.
Piñeiro Docampo, secretario xeral de Compromiso por Galicia e candidato ás europeas atribúe a Nart un "afán irrespectuoso de paternalismo" e lamenta que Ciudadanos "veñan como sempre a Galicia a dicir o que hai que facer".
  comenta   0
A eurodeputada nacionalista Ana Miranda salienta o seu traballo para sacar á luz o acontecido no accidente de Angrois e pide poder rematar este labor nun novo vídeo electoral que lanza o BNG con motivo das próximas eleccións europeas o 26 de maio.
  comenta   0