Os conflitos com Latino-América sucedem-se periodicamente. Os da minha idade podem lembrar-se bem da enorme gafe diplomática do embaixador espanhol na Habana, Juan Pablo de Lojendio, marquês de Vellisca, que, considerando que todo é ourego, se apresentou nos estudos da Televisão cubana para repreender pessoalmente dum jeito visceral e impertinente ao líder máximo da revolução cubana Fidel Castro, por ter acusado ao governo espanhol e ao citado embaixador de conspiração e ajuda aos contra-revolucionários.
  comenta   0
A crise da corentena coma espello doutros ciclos do pasado histórico.
  comenta   0
Construído en Italia en 1595 e afundido en Ribadeo en 1597, este navío pertenceu á Segunda Armada Invencible que ordenou crear Felipe II. Un estudo científico sobre a orixe das madeiras utilizadas neste buque revelou o uso de carballo do norte da Península na súa construción, como adiantou este xornal. Miguel José San Claudio, coordinador das prospeccións subacuáticas, bota máis luz na súa tese doutoral sobre a historia deste icónico galeón.
  comenta   0
Novas recollidas das actas municipais mindonienses polo Centro de Estudos de Historia da Cidade da Universidade de Santiago dan conta da correspondencia entre a Coroa española e as autoridades locais.
  comenta   0