O PP lembra que Miguel Anxo Fernández Lores, Xosé López Orozco ou Martiño Noriega mantiveron contratos con esta fundación. Toda a oposición acusa á Xunta de tentar tapar un novo caso de cursos de formación fraudulentos, como os da 'Operación Zeta'.
  comenta   0
Alberto Núñez Feijóo di que o seu goberno dará información sobre esta fundación “cando se solicite” pero critica a Podemos por ter recibido, supostamente, diñeiro doutra fundación.
  comenta   1
Toda a oposición apostou esta semana por crear unha Comisión de Investigación en torno as axudas recibidas pola Fundación de Estudios y Análisis (FESAN). Os partidos de esquerda aseguran que está vinculada ao PP -algo que a fundación nega- e no pasado a CIG acusouna de estar ligada ao Opus Dei.
  comenta   3
Na cúpula de AGADES está unha persona apoderada dunha fundación do Opus Dei. ADEGA denuncia que se trata dunha "asociación recadadora do PP" e o PSOE salienta que carece de experiencia en reciclaxe. Cada socio de AGADES toca a 6.000 euros por este convenio, ao que a Intervención da Deputación da Coruña puxo pegas.
  comenta   18
A CIG-Administración denuncia que a FESAN non realiza "ningunha actividade de promoción cultural" e critica que teña recibido numerosas axudas da Xunta para diversas actividades. Ironiza con que Presidencia destine 200.000 en convenios para a "elaboración e difusión de actuacións de difusión".
  comenta   0
FESAN suma 4,3 millóns en adxudicacións dende que volve a gobernar o PPdeG. Agora faise cun contrato de teleformación mediante un concurso "negociado sen publicidade".
  comenta   4
A Consellería de Traballo adxudica a Fundación de Estudios e Análises (FESAN) a baremación dos títulos formativos que ela mesma imparte, denuncia a CIG.
  comenta   18