A autora do traballo Guerrileir@s antifranquistas da provincia da Coruña, que achega un catálogo de combatentes antifranquistas que actuaron na provincia.
  comenta   0
A violencia contra a guerrilla antifranquista seguiu os pasos da violencia represora española no norte de África. Antes da caída definitiva da II República, os montes entre Asturias, Bierzo e Galicia foron terreo de operacións da Federación de Guerrillas León-Galicia. Esta unión de fieis á República acabou de maneira tráxica por culpa das delacións consecuencia das torturas e chantaxes das forzas franquistas.
  comenta   0
A guerrilla antifranquista está perdendo a imaxe de “bandidos” que o réxime de Franco quixo impoñer no imaxinario colectivo. A formación da Federación de Guerrillas de León-Galicia e do Exército Guerrilleiro de Galicia demostraron a capacidade que existía para crear oposición armada ao franquismo. Con todo, non deixa de ser unha historia tráxica onde se descubren desde modelos de represión até o abandono das organizacións por parte dos seus apoios políticos.
  comenta   2
'Cereixa Ceibe' é un documental que afonda na arqueoloxía en comunidade en lugares como o Castro de San Lourenzo ou a Casa de Repil.
Entrevista Francisco Martínez “Quico” foi guerrilleiro antifranquista. Nunha conferencia organizada pola Asociación Arco da Pomba en Foz, falou sobre o que foi o movemento guerrilleiro antifranquista despois do golpe de estado de 1936. A súa vida transcorreu entre a loita contra o franquismo dentro e logo no exilio. Formoi parte da Federación Guerrilla Galicia-León. Co tempo acabou exiliado en Francia de onde volveu cando xa estaba xubilado. Considera que non se fixo xustiza tantos anos despois e quen tiña poder con Franco segue a telo hoxe en día en todo o Estado.