Agárdase que a resistencia bacteriana no 2050 se cobre uns 10 millóns de vidas ao ano, superando así ao número de mortes por cancro. María del Mar Tomás, coordinadora do proxecto gañador dos premios Zendal 2023, conta a Galicia Confidencial a importancia desta problemática.
  comenta   0
Pódese combinar na mesma proba diagnóstico e tratamento para esta enfermidade. A innovación desta nova técnica é que o tratamento se pode realizar de forma individualizada para cada paciente.
  comenta   0
Buscan un biomaterial para crear un tecido en laboratorio que substitúa o cartílago danado por esta patoloxía con prevalencia en aumento.
  comenta   0
Investigadores defenden que "é unha ferramenta e non un rival" para os clínicos, que "vai facilitar o seu labor" porque poderán "tomar decisións máis rápido".
  comenta   0
Os ensaios realizáronse con "resultados prometedores" en ratos infectados coa bacteria Pseudomonas aeruginosa, unha das principais causas de pneumonía nosocomial, asociada a unha alta mortalidade. Na investigación participaron científicos do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC) e do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS), en colaboración con colegas da Universidade de Porto.
  comenta   2