A primeiros de ano na punta Hook (New Ross, Irlanda) lévase a cabo un singular ritual. Os arqueiros, aos pés do faro, lanzan cadansúa frechas ao mar. Un ritual que, curiosamente, tamén ten os seus vínculos coa Coruña e Galicia a través da Santa Dwynwen e as costas de Gales, tal e como relata o xornalista e divulgador Manuel Gago.
A Biblioteca América da Universidade de Santiago, no Colexio de Fonseca, atesoura o que se considera o libro máis antigo de Galicia, o Libro das Horas de Fernando I, datado de 1055.
Soterrados baixo terra, cubertos de eucaliptos, situados en pendente... Non teñen aínda nome propio e non deixan de aparecer ao longo do territorio galego. De respostar ás moitas preguntas que xorden ao redor destes círculos invisibles estariamos a coñecer un período moi descoñecido da nosa historia.
  comenta   0
Manuel Gago presente 'O Sangue das Pantasmas', unha obra de autoficción que traslada a tradición oral de espectros e ánimas ao texto impreso.
  comenta   0
Maltrato da paisaxe e soberanía estética.
  comenta   0
O escritor e xornalista Manuel Gago, autor do libro "Exército de Fume", unha novela ambientada na postguerra española e en plena guerra mundial, destaca que Galicia tivo unha "situación estratéxica" no Atlántico durante esta contenda.
  comenta   0
Entre os profesionais da escrita que darán estes "obradoiros creativos" estarán Javier Pena, Xabier Quiroga, Miguel Ángel Fernández, Arantza Portabales, Manuel Gago, Antón Riveiro Coello e Diego Giráldez.
  comenta   0
Os galegos defínense polo que din, non polo que fan.
  comenta   0
A exposición "Alba de Gloria", do Consello da Cultura Galega, utiliza ferramentas do século XXI para facer comprensible o testamento político do gran ideólogo galeguista.
  comenta   2
GC fala con Manuel Gago, o autor de "O exército de fume". Un autor que busca unha literatura popular pero que "non renuncie a facer preguntas moi incómodas". Unha novela que escapa da Galicia derrotista, que non fala dos guerrilleiros coma aqueles derrotados, senón daqueles que "plantaron cara a un Estado". Por iso, para Gago, o país está cheo de heroes anónimos, aínda que sempre hai quen os quere buscar fóra.
  comenta   0
Un roteiro cultural, dentro dos actos da segunda xornada do Festival Atlántica 2017, visitará os escenarios da crónica negra da capital galega.
  comenta   0
O xornalista e escritor Manuel Gago presenta O Anxo Negro, unha novela de intriga e aventura, baseada nos numerosos expolios de igrexas rurais que sufriu Galicia a partir do Concilio Vaticano II.
  comenta   0
Celebrarase en Expourense o mércores 25 de novembro e entregaranse os III Premios á Comunicación Innovadora. O teórico da comunicación Miquel de Moragas impartirá a conferencia inaugural e o director do xornal ABC, Bieito Rubido, a de clausura. Manuel Gago e Juan de Sola son outros dos relatores.
  comenta   0