Mariña Patrimonio descubriu a turba na zona das Penas Rubias, onde a acción da erosión provocada polas ondas creou formas curiosas e chamativas sobre a mesma.
As asociacións ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia) e Mariña Patrimonio presentaron unha denuncia formal perante a Consellería de Cultura por este feito.
Adega e Mariña Patrimonio piden á Xunta a protección de castros e mámoas que se ven afectadas polo parque eólico do Picato.
ADEGA e Mariña Patrimonio din que os danos provocados no Castro de Montoxo constitúen un auténtico atentado contra o Patrimonio Cultural, cuxa responsable directa podería ser a propia administración pública por erros, tanto na xeolocalización como na delimitación de moitos xacementos.
O colectivo Mariña Patrimonio acaba de solicitarlle á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural a catalogación e protección de dúas novas mámoas localizadas en Xove grazas á información facilitada “por un profesor da zona”.
Trátase do dolmen de Penabor e da mámoa do cruceiro da insua. Mariña Patrimonio di que "previsiblemente" non será catalogados polo "boicot da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural ás súas solicitudes".
Mariña Patrimonio sospeita que os traballos, que poideron alterar o foxo, os muros e o camiño de entrada a este BIC de Riotorto, non contan coas autorizacións da Xunta e do Concello
A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) e Mariña Patrimonio denuncian que este visor publica información errada sobre a delimitación xeográfica, entre eles o Castro do Coto da Vela (Xove) ou oito castros no municipio de Ribadeo.
Mariña Patrimonio e Adega acusan ao Goberno galego de prexudicar o xacemento de Chao de Sinás, no Xistral.
Adega e Mariña Patrimonio denunciaron no Servizo de Protección da Natureza (Seprona) que se está a utilizar o Castro da Punta de San Pedro de Benquerencia como aparcadoiro de autocaravanas. O concello asegura que se trata dunha finca particular.
MariñaPatrimonio ou a Sociedade Antropolóxica Galega denunciaron nun acto en Bruxelas a situación de moitos bens arqueolóxicos galegos.
  comenta   0
Levan documentadas e presentadas nos últimos 5 anos un total de 56 denuncias. Acusan á Xunta e á industria madeireira por esta situación.
  comenta   0
O pasado decembro o Castelo de Monte da Arca foi incluído como ben patrimonial tras unha campaña realizada por Mariña Patrimonio.
  comenta   2