Amtega xustifica o concurso para substituír os vellos GPS convencionais. No proxecto europeo Ariem 112 tamén se dotou de ordenadores, tabletas e aplicacións informativas ao persoal de emerxencias e de loita contra os lumes pero os traballadores denuncian que o sistema non é operativo.
  comenta   2
En menos dunha semana, máis de 13.000 persoas asinaron contra a Proposición de Lei de Fomento da Implantación de Iniciativas Empresariais en Galicia en change.org. Falamos cos promotores da mobilización, os activistas de Contraminacción, que este venres se concentraron diante do Parlamento, sobre as próximas mobilizacións e o impacto que este texto terá en proxectos como a mina de Touro e a eucaliptización do monte.
  comenta   1
A Xunta acumula incidencias co parque estrela de Galicia. Ás denuncias por sobrevenda de billetes súmase a mala xestión do parque e a sobreexplotación laboral de moitos dos seus traballadores contrasta coas intencións do propio Goberno galego de conseguir 400.000 visitantes. Unhas previsións que non teñen en conta as necesidades reais das illas para poder soportalos.
  comenta   2
Medio Ambiente licita os traballos de elaboración do censo de aves invernantes en Galicia e de valoración do estado de conservación das aves acuáticas invernantes na Rede Natura 2000. Aprafoga denuncia que se contrate empresas privadas con fondos europeos cando esa labor é parte das funcións dos axentes medioambientais.
  comenta   2
Con motivo do Día Mundial da Biodiversidade, este luns Viaqua organiza un censo primaveral de aves nas instalacións da ETAP do Lérez de Pontevedra o día 23 de maio, e na ETAP do Tambre de Santiago de Compostela, o día 30 de maio.
  comenta   0
O partido político EQUO denuncia a “intención da Xunta de Galicia de asfaltar Rede Natura nas obras da PO-308 e valora” a interposición de accións xudiciais contra este “despropósito ambiental”.
  comenta   2
Investigadores da Universidade de Santiago evidencian que os recortes foron especialmente duros cos educadores ambientais galegos, gremio no que a taxa de paro aumentou por enriba da media e no que a caída dos salarios e da actividade foi dramática.
  comenta   0
A próxima semana está repleta de celebracións da natureza: Día Internacional dos Bosques (21 de marzo) e do Día Internacional da Auga (22 de marzo). Ao fío disto, a Cidade da Cultura, co patrocinio da empresa de xestión de augas Viaqua, presenta un variado programa de actividades baixo o título de "Cidade Verde".
  comenta   0
Manter en funcionamento unha depuradora pode supor un custo de até 45 euros por ano e habitante. Neste artigo detallamos cales son os residuos que en ningún caso deben entrar na rede de saneamento.
  comenta   0
Sogama só trata 3,32 toneladas de cada 100 que recibe, unhas cifras que están moi lonxe do 50% que esixe reciclar a UE para 2020. A pesar de reciclar o lixo do 94% do territorio galego só ten a 23 persoas contratadas de xeito directo.
  comenta   1
Tragsa e a Dirección General de Costas son os executores co beneplático do Concello, segundo a Unión Veciñal de Dodro. A SGHN pide explicacións á Xunta.
  comenta   4
A onda de lumes que sufre Ourense esta semana é maior ca que sufriu o litoral a comezos de Agosto. En Entrimo o lume segue preto das casas tras tres días ardendo.
  comenta   3