O actual deputado do BNG no Parlamento de Galicia Xosé Luís Rivas Cruz, compuxo varios temas de carácter electoral para a formación nacionalista, acompañado pola súa filla María Rivas e polo integrante da banda Nao 'Jásper'. Pero isto só sucedeu a partir do ano 2016, cando chegou Pontón como candidata. Os seus predecesores non lle prestaban tanta atención á banda sonora da campaña.
  comenta   0
O traballo inclúe un segundo disco nomeado Apocalipse NAO, que recolle gravacións inéditas tanto da banda coma de persoas achegadas á mesma.
  comenta   0
Cando un galego regresa á súa terra despois de permanecer moitos anos nun país distante, é probable que perciba con estupor o asentado fenómeno do auto-odio. Trátase de complexos, como os de quen asegura que “os galegos non valemos”. Por sorte, hai algunhas luces de esperanza respecto a tan denigrante actitude.
  comenta   0
Nas listas volven aparecer nomes coma os de Montse Prado e Iago Tabarés (números 2 e 3 por Pontevedra), ou Mini e Rosana Pérez (A Coruña). Ao tempo, incorpóranse outras como a escritora Mercedes Queixas ou Alexandra Fernández.
  comenta   9