A Asociación Forestal de Galicia elaborou unha batería de propostas entre elas, aclarar que persoas poden ter a condición de comuneiro.
  comenta   0
Están os poderes políticos e administrativos a colaborar con entidades privadas para a desaparición do monte común?. Hai interese en borrar da memoria a pegada histórica do aproveitamento comunal do monte?. Nesta reportaxe tentamos averigualo.
  comenta   0
As organizacións de montes comunais denuncian intereses económicos detrás das modificiacións legais que pretende levar adiante a Xunta. Os comuneiros temen perder os dereitos de explotación común fronte ao que ven como “sistema depredador” de grandes intereses. Ditos intereses estarían valéndose dos organismos executivos e lexislativos existentes para quedar coa propiedade destes terreos.
  comenta   0
A morte dun traballador inmigrante e o ambiente confuso ante unhas eleccións sindicais chamaron a atención sobre a situación interna da empresa agrícola Surexport. Denuncias de horarios máis alá de 12 horas, presuntas ameazas a traballadores e presuntas irregularidades no proceso electoral poden estar detrás das caixas de froita vermella que esta empresa dedica maioritariamente á exportación.
  comenta   0
O Parque do Xurés-Gerés sofre todos os anos lumes atacan un ecosistema considerado único en Galicia e norte de Portugal. As versións recollidas nesta reportaxe apuntan a factores múltiples, incluíndo intereses agrogandeiros, madeira e a “anomia” da Xunta de Galicia, última figura con autoridade nesta área. Nin sequera os investimentos que se realizan nesta área son vistos como suficientes para a preservación e protección do parque.
  comenta   0
O monte en man común pode estar en risco. Asociacións ambientalistas, comunidades de montes, sindicatos agrarios e mesmo estudos académicos, alertan sobre as modificacións que a Lei de Simplificación Administrativa pode traer en canto o uso deses montes. O temor a que intereses privados primen sobre os dereitos das comunidades de montes fai pensar en manobras para a ocupación de terreos que suman entre 600.000 e 700.000 hectáreas en toda Galicia
  comenta   0