É o último nome da coalición Podemos, EU e Anova para utilizar no último curso político desta lexislatura no Parlamento. Uns meses nos que haberá un "reparto coral" de responsabilidades. Antón Sánchez será o "azoute de Feijóo", Luca Chao a voceira real e Manuel Lago o portavoz "institucional".
  comenta   6
Alfonso Espiño, doutorando pola USC, descubriu durante a investigación da súa tese un dato sobre unha canción de Abbey Road descoñecido ata o momento.
  comenta   0
A xente do mar lembrará este sábado en Padrón aquel verso da poeta que dicía o seguinte: "que inchadiña branca vela". Será a sétima edición desta homenaxe.
  comenta   0
Atopar un nome que identifique o noso negocio é fundamental para resaltar sobre a competencia e conectar co noso público obxectivo. Nesta peza explicamos os puntos máis importantes que cómpre ter en conta para conseguir o nome comercial ideal.
  comenta   0
O presidente do Parlamento, Miguel Santalices, lembrou a Luís Villares que é o portavoz do Grupo Mixto despois de que este utilizase o nome do grupo parlamentario que abandonou recentemente.
  comenta   1
As outras galardoadas son a cardióloga Marisa Crespo, a piragüísta Teresa Portela, a delegada en Galicia de Stop Accidentes, Jan Picar; e a actriz de 'O que Arde', Benedicta Sánchez.
  comenta   0
O BNG cre que estas "irregularidades" son parte dunha estratexia para construír unha "estrutura sanitaria sometida" ao PP e ao seu proceso de "deterioración e privatización" do servizo público
  comenta   0
A empresa catalá alegou que se parecía á súa marca "Anna de Codorníu". O Tribunal Supremo fallou a favor da pequena adega de Albariño.
  comenta   0
Este martes entra en vigor o decreto relativo á indicación da orixe dos produtos lácteos. As empresas envasadoras deberán referenciar tamén onde se transformou a materia prima. A raíz desta medida, agárdase que haxa un aumento no consumo.
  comenta   1
Foron esclarecidos 10 delitos de falsidade documental, 18 de usurpación de estado civil e nove de estafa. Ademais, outro veciño da cidade foi detido pola Garda Civil como presunto autor dun delito de estafa en contratacións telefónicas con máis de 2.000 euros de débeda por facturas.
  comenta   0
O BNG pedirá que a intermodal de Santiago reciba o nome do político galeguista.
  comenta   2
O pleno do concello de Folgoso do Courel aproba por unanimidade solicitarlle á Xunta o cambio de nome de comarca de Quiroga por comarca do Courel.
Os concellos de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil conforman a comarca de Quiroga. Desde C@urel Vivo reclaman que a comarca sexa coñecida polo nome de comarca do Courel como espazo máis representativo deste territorio.
Os alcumes, alcuños, adeallos ou nomeadas foron a orixe dalgúns apelidos modernos, ademais de formaren parte do patrimonio inmaterial da nosa cultura. Co paso do tempo estas denominacións onomásticas foron evolucionando segundo os ritmos de vida da sociedade. Hoxe en día no ambiente urbano non é doado conservar os sobrenomes debido á mobilidade contextual. Só no medio rural e vilego se sente aínda a presenza do alcume como factor identificativo.
  comenta   0