Expresan o seu "malestar" polas "trabas" e "exceso de celo" que, ao seu xuízo, se lles pon desde o servizo municipal de Urbanismo, así como o cambio de criterios para recibir axudas.
Pasou o día,pasou a romaría; e de hoxe nun ano. O dito repítese unha e mil veces cun certo aquel de tristura; tantas como festas se celebran durante o ano en Galicia. As máis delas cunha programación rotineira, sen ningún interese ou singularidade que as faga merecentes das atencións dos que buscan nelas a nota de orixinalidade. A falta de imaxinación da que fan gala os seus organizadores vai parella coa desmedida voracidade dos que miran nelas unha fonte inesgotable para faceren negocio. Refírome a esas empresas de espectáculos que ofrecen orquestras e atraccións desgaleguizadas.
  comenta   0
Elaboradas dende tempos inmemoriais na parroquia de Xián, en Taboada, as Xianas están só elaboradas de fariña de trigo, azucre integral de caña, manteiga de vaca cocida e ovos. Este postre está a conseguir un oco no mercado.
Foi candidato da marea Ourense Mellor e deu o último mitin de campaña das municipais unhas horas despois de ser dado de alta no hospital.
  comenta   0
O galardoado foi Amaro López Rivero, un veciño de Baleira que xestiona 36 hectáreas de pradeiras e terreos de monte para alimentar a 38 vacas e 5 cabalos.
A Irmandade Xurídica Galega descubrirá este venres un monolito en honor de Xosé Fariña Jamardo, Oficial Maior do Parlamento de Galicia.
  comenta   0