Secundan o paro "o 90%" e instalan un piquete informativo "masivo nunca antes visto" no Polígono do Ceao. Tamén hai paros en localidades como Monforte, Sarria e Vilalba.
Máis de 300 camións e 40 taxis colapsan o centro de Lugo. Inmobilizou un camión colocando unha táboa con puntas. Miñones pídelle a Feijóo que permaneza en Galicia e active medidas urxentes para solventar a crise do transporte en Galicia.
  comenta   0
Burela, Celeiro e A Coruña, en situación "crítica" ao non poder mover o peixe. Caravana de camións en Vigo e corte total na A-6 no Corgo. Na Coruña, un piquete picou as rodas a 12 camións que estaban estacionados no municipio de Dumbría. Foron identificados e investigados varios participantes en piquetes nestes días. A Xunta pide corredores seguros para servizos esenciais e "diálogo" co sector. Pedro Sánchez chama a parar a "violencia" dunha "minoría de transportistas".
  comenta   0
A asociación Apetamcor apoia "non mover" os seus camións porque "están a perder diñeiro". Tanto o Comité Galego de Transporte como o Comité Nacional do Transporte por Estrada desmarcáronse deste paro, que segundo sindicatos e patronal, foi "anecdótico".
  comenta   0