A deportista Maite Rojo participou hai uns días nas 24 horas de Barcelona. Unha proba na que os participantes teñen que correr durante todo un día. Maite é irmá de Diego Rojo, que hai uns meses foi o único español en rematar a considerada como a carreira máis dura do mundo, os 246 quilometros da Spartatlón. Esta é a experiencia desta coruñesa orixinaria de Malpica.