Manuel Calvo, xerente da empresa Spartana Control Services S.L. e propietario dunha agrotenda asegura que, "hoxe en día, para ter unha soa galiña ou un pucho tes que ter, a nivel Xunta de Galicia, case a mesma burocracia, no que respecta a servizos veterinarios oficiais e permisos, que para ter 1.500 vacas".
  comenta   0
O Grupo Coren prepara a compra de castaña destinada á alimentación dos porcos da súa Gama Selecta, nun ano no que os resultados da colleita non acompañaron.
  comenta   0
O Grupo Coren participou un ano máis nesta Feira Internacional de Turismo Gastronómico cun expositor no que, ademais dos seus principais produtos, estivo presente este xamón de porco alimentado con castañas. Este produto premium conmemora o décimo aniversario da súa saída ao mercado.
  comenta   0
Adega considera desproporcionada a emerxencia cinexética declarada pola Xunta. Cren que os xabaríns poden ser controlados polo seu depredador natural, o lobo.
  comenta   0
O grupo Coren pon en marcha a súa nova “food truck”, un camión de comida acondicionado como escaparate dos produtos Coren e destinado á participación en festivais e todo tipo de eventos.
  comenta   0
Tiveron que intervir os bombeiros do Deza para coller os animais que quedaron na estrada.
  comenta   0
O PSdeG pídelle á Xunta que bonifique ao 50% o prezo do gasóleo. Os transportistas piden 1.000 millóns de euros ao Goberno para suspender a folga. Unións Agrarias considera que os gandeiros galegos implicados na folga "están a pegarse un tiro no pé" polos problemas causados ás explotacións primarias.
  comenta   0
Desde o século XVIII as elites políticas do Reino de España están sometidas a potencias exteriores, a intereses alleos. A partir do Reinado de Felipe V, España pasa a ser un Estado supeditado a intereses foráneos, e no campo cultural imponse a visión da propaganda antiespañola, a Lenda Negra. Do mesmo xeito que hoxe, os españois dividíronse entre os gobernantes que aceptan o discurso antiespañol, e os que o rexeitan. Mais o goberno, a dirección do imperio, cae en mans dos impulsores da Lenda Negra.
  comenta   0
A contaminación por nitratos na Limia e a Baixa Limia é un grave problema medioambiental que afecta á saúde das persoas. A Confederación Hidrográfica Miño-Sil redactou hai xa máis dunha década un informe para declarar masas de auga afectadas os acuíferos da comarca e o encoro das Conchas. O Goberno de Rajoy paralizou a declaración que, tres anos despois da entrada no Goberno do PSOE, segue gardada nun caixón. Namentres, a Xunta continuou a autorizar novas granxas e a conceder ampliacións.
  comenta   0
A cooperativa ourensá vén de pechar un convenio de compra coa empresa Alibós de Monterroso, a maior colleitadora do sector de Galicia, para abastecerse durante o 2022.
  comenta   0
Ecoloxistas en Acción asegura que a proliferación destas instalacións "está a frear ou impedir o desenvolvemento doutros sectores económicos no mundo rural".
  comenta   0
As macrogranxas cárnicas industrias comezan a ser un problema medioambiental. A falta dunha política de depuración dos milleiros de toneladas de residuos pode provocar que se repitan episodios como os vividos en Santiago. “E o que aconteceu en Santiago é irrisorio en comparación co que pasa na Limia”, apunta os ecoloxistas que falan xa dunha auténtica e nova "burbulla" económica, a das macrogranxas, a punto de estoupar.
  comenta   0
A nave albergaba ao redor de 200 porcos, dos cales varios se atopaban soltos pola estrada e outros, baixo os restos da edificación.
  comenta   0
Os principais promotores ponderan a instalación de case 8.000 MW fronte os 3.808 da actualidade. A Xunta asegura que algún "caerán polo camiño".
  comenta   0
Unha recreación amosa, en clave de humor, a nova loita que se libra no rural galego; a oposición dos megaparques eólicos.
  comenta   1
O porco bravo, tan mal considerado no rural galego, provoca en Francia as mesmas desfeitas: "en 34 anos nunca vira cousa igual", explica unha veciña.
  comenta   1
Indican que varios dos proxecto en trámite carecen de documentación esencial e presentan datos falsos, como por exemplo nos plans de xestións de xurros
  comenta   0
Poderán acceder a estas axudas dende o 14 de xaneiro ata o 30 de novembro aquelas explotacións que estean correctamente inscritas no rexistro xeral de explotacións gandeiras.
  comenta   0
“A desesperación ía en aumento. O tempo detívose nunha espera sempiterna. As horas pasaban tan engorde que pesaban máis có chumbo”. (Cándido Paniagua Pousa, 48 horas).
  comenta   0