Destaca que a media de espera para unha operación en Galicia situábase a 31 de xullo en 62,2 días. O BNG reprochalle á Xunta que "persista en ocultar e negar a realidade" e cualifica de "relato novelado" as explicacións.
  comenta   1
Denuncian a "gran cantidade de cartos que se derivan a centros concertados, en detrimento dos públicos, onde en moitas ocasións quen os dirixen son os mesmos que tiveron papeis relevantes no goberno". Concerto solidario en Viveiro a plol da sanidade pública.
  comenta   1
Desde 2012, sindicatos e partidos políticos veñen criticando a opacidade dos contratos que a Xunta mantiña con INAER e Nanutecnia, empresas que desde entón, e sen ningún tipo de oposición, levan todas as adxudicacións dos helicópteros de extinción de incendios. CIG-Administración mesmo presentaba unha denuncia por prevaricación en 2012 e o Consello de Contas detectaba irregularidades nas contratacións nun informe en 2015. A conselleira de Medio Rural suliñaba hai uns meses que estes contratos aforran diñeiro e reducen as trabas administrativas.
  comenta   0
Ahosgal estima que o Sergas tería que incrementar en 527 millóns os gastos en atención especializada sen a súa contribución.
  comenta   3
Representantes sindicais do persoal da sanidade de Vigo protestan pola situación da sanidade pública e a súa privatización.
  comenta   0
O Goberno lanza a campaña para informar que o SERGAS é “un servizo público de referencia” ao mesmo tempo que tramita unha reforma da Lei de Saúde que, segundo sindicatos e oposición, abre a porta a máis recortes e privatizacións.
  comenta   1
Medio Rural continúa a quitar carga de traballo á empresa pública SEAGA ao contratarlle agora, en pleno agosto, cinco servizos de maquinaria pesada contra os incendios a empresas particulares.
  comenta   10
Saca por segunda vez a concurso a licitación dos helicópteros de salvamento marítimo por un millón máis do que custaban cando eran xestionados pola administración galega.
  comenta   0
Desde o ano 2001, as subvencións ao ensino privado creceron un 69%, ata alcanzar en 2017 os 273 millóns de euros. A Xunta asegura que o novo decreto trata de adaptarse á Lomce e os sindicatos insisten en que se trata de potenciar, aínda máis, a privatización da educación.
  comenta   3
Denuncia que o director xeral de Medio Rural pasou ao “lado escuro da privatización” tras defender un servizo público de defensa contra os incendios forestais.
  comenta   0
"A colaboración público privado converteuse nun negocio de ouro para as UTEs, un malgasto para os gobernos e unha frustración para as poboacións". É a rotunda afirmación do profesor José Vieira, membro da plataforma en Defensa da Sanidade Pública que denuncia que, agora, a sanidade é "unha oportunidade millonaria de beneficios". Unha privatización que provoca mala calidade das construcións, externalización dos servizos esenciais e unha calidade de prestacións moitísimo menor que a pública. "Un custo para a comunidade de entre 5 a 6 veces máis grande de que o seu valor real", asegura nesta entrevista ao GC.
  comenta   5