O titular da Xunta lamenta que en España "non se sabe" o criterio de repartición do instrumento 'Next Generation' e demanda "maior axilidade".
  comenta   0
O bloqueo de transportes polo temporal obriga a suspender a quenda de noite en PSA Vigo ante a falta de subministracións.
CIG e CUT levan ó Ministerio de Traballo a "sobrecarga" de traballo na planta, que non ofrece tempo adicional para dispoñer as medidas de protección.
Feijóo visita a fábrica horas despois de que Francia anuncie axudas ao sector vinculadas á relocalización de produción.
A dirección explica que o estado de alarma non prohibe a actividade na planta e alega que "non hai ningún empregado" contaxiado.
PSA Vigo non cesa a súa actividade a pesar das demandas dos sindicatos. Navantia, pola súa banda, si limitará desde este luns a presenza de traballares nos estaleiros da ría de Ferrol. Ademais, O TSXG suspende os prazos procesuais en toda Galicia con algunhas excepcións e a Seguridade Social pecha a atención ao público presencial nas súas oficinas. Animalistas piden ampliar a declaración de emerxencia sanitaria para que abran as clínicas veterinarias. O CSIF esixe a Gobierno, CC.AA. e partidos unidade ante a escaseza de material e o déficit de persoal. A Coruña habilita o número de teléfono 010 para persoas dependentes que precisen axuda.
  comenta   0
As universidades pechan desde este luns as súas instalacións. Abanca mobiliza 8.300 millóns para mitigar o impacto do coronavirus e anticipa o pago de pensións. Os sindicatos solicitan o peche da fábrica de PSA de Vigo. Os bispos galegos suspenden misas e outras celebracións relixiosas ata despois da Semana Santa. No sector veterinario, animalistas alertan da "desatención" dos refuxios e temen que o Covid-19 afecte ás adopcións. Pola súa banda, a Federación Rural de Galicia reclama que a Xunta "rectifique" e garanta o funcionamento de feiras e mercados de alimentación.
  comenta   0
CC.OO. denuncia que se perderon 3.549 empregos en dez anos, en gran parte, pola redución de persoal de PSA Vigo. O sindicato lanza unha campaña contra a vulneración de dereitos laborais en ETT e Centros Especiais de Emprego.