"Son tempos para buscar a unidade e para arroupar ao secretario xeral e presidente do Goberno, e non para buscar protagonismos individuais", sinala a dirección socialista provincial nun comunicado.
  comenta   0
Os concelleiros nacionalistas pregúntanse "que lle dá Jácome ao Partido Popular ou por que Jácome é tan importante para o PP".
  comenta   1
Ratifica que José Luís Cuerda será fillo adoptivo de Ourense a título póstumo e a modificación no grupo de Democracia Ourensá.
  comenta   0
Apuntan que Villarino pedira na Deputación Provincial, no 2020, a compatibilidade do seu cargo coa docencia universitaria no campus ourensán e que aquela solicitude fora denegada "por capricho persoal de Baltar".
  comenta   0
O candidato do PSdeG en Ourense critica que pidan a súa marcha da política os que fixeron de Ourense "unha dinastía política", en alusión a Baltar.
  comenta   0
O presidente da Deputación de Ourense criticou "as actuacións" de Rafa Villarino ao longo dos anos sinalando, "todos o coñecemos, lemos os libros, sabemos as sentenzas e un engano máis non o imos admitir".
  comenta   0
O número dous dos populares galegos coincidiu este venres en sinalar que as palabras de Villarino estarían "baleiras de contido se non van acompañadas da renuncia explícita" e "por rexistro" da súa acta de edil.
  comenta   0
O PP vota con Democracia Ourensá en contra da proposta do PSOE. Foi o pleno que máis durou da historia da cidade, máis de nove horas.
  comenta   2
"Tiña mellores cousas que facer, máis interesantes que acudir" ao acto de conciliación presentado polo presidente da Deputación de Ourense.
  comenta   0
O rexedor de Ourense xustifica a celebración do pleno ao asegurar que escoitou a "os especialistas sanitarios" e porque non houbo "contactos estreitos".
  comenta   0
A posibilidade de diversos e diferentes pactos na cidade e na deputación avivan as tensións entre os distintos partidos. Cs e Democracia Ourensana non pechan as portas a un acordo con Baltar, mentres que na cidade Jesús Vázquez alerta sobre un posible pacto entre o PSdeG e DO.
  comenta   2
O candidato socialista á alcaldía de Ourense avanzou que continuará durante toda a xornada percorrendo as mesas electorais para "contactar coa cidadanía" e "saudar aos membros das mesas electorais".
  comenta   0
O rexedor de Ourense afronta estas eleccións cunha complexa situación municipal e cun partido, Democracia Orensana, co que di que nunca vai pactar. “É moi destrutivo para esta cidade”, asegura. Tampouco se fía do PSOE de Rafa Villarino pero estaría disposto a chegar acordo con el e coas mareas “polo ben de Ourense”. Defende o feito nestes catro anos na cidade, a pesar dos paus da oposición e non ter aprobado ningún orzamento en catro anos e destaca o bo entendemento que tivo coa Xunta e coa deputación. “É perfecta”, di sobre a relación con José Manuel Baltar.
  comenta   7
“É un home de triste figura”. Así de contundente define o candidato do PSOE en Ourense a quen foi conselleiro e agora é alcalde da cidade. Villarino, alcalde en Amoeiro con maioría absoluta, aspira agora a xestionar a urbe máis grande da provincia. Presume de xestión e de partido, “máis unido que nunca”, e acusa a Pachi Vázquez de danar unhas siglas históricas por “ambicións persoais” e de levar “a un montón de xente con el ao abismo político e á desaparición”. De Baltar augara que quedará “só como alcalde de Esgos, e pouco máis” e de Jácome que é unha “personaxe” pero non descarta dialogar con el sempre que sexa polo ben da cidade.
  comenta   0