Con Abel Caballero como pregoeiro, esta fin de semana deu comezo a Reconquista da vila de Vigo, que se prolongará durante dúas semanas cun parón pola Semana Santa. Polo de agora os franceses xa están na urbe olívica, a súa expulsión terá que agardar... "Dende o Berbés, música e valor; dende o Berbés, agarimo e batalla; dende o Berbés, a Reconquista da cidade de Vigo!", proclamou Abel Caballero.
Conmemora o 214 aniversario do alzamento popular que levou á cidade olívica a converterse na primeira urbe que lograba librarse do exército invasor de Napoleón
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, sinalou este martes, na súa rolda de prensa diaria, que a Festa da Reconquista é a "romaría urbana máis importante de Galicia".