'Prefiro condenarme' é o novo filme de Margarita Ledo Andión, a historia dunha "adúltera" que é xulgada nun tribunal eclesiástico denunciada polo seu marido. A cineasta ofrece unha visión da vida afectiva-sexual durante a ditadura franquista. Tamén é unha historia de resistencia fronte aos modelos sociais e xudiciais establecidos por lei até non hai moito tempo co obxectivo de controlar o corpo feminino "como unha fábrica de corpos"
  comenta   1
O uso do galego nos nichos e lápidas así como noutros elementos funerarios estaba totalmente excluído dos cemiterios. Non foi até o século XXI que comezaron a aparecer as primeiras letras gravadas en mármore ou metal nos camposantos galegos e o mesmo sucedeu coas coroas e as fitas que levan atadas. Botamos unha ollada sobre un fenómeno tan recente como espontáneo
  comenta   0
"Os máis mozos,son do mundo urbano e non son galegofalantes, como tampouco o son os que chegan de Venezuela, Colombia, África, que non entenden o tema da lingua", asegura o sacerdote Rubén Aramburu. Abderrahim el Aziri Sounni, voceiro da Comunidade Islámica, di que aprendeu galego vendo a serie "Pratos Combinados".
  comenta   0
Foi atopada no ano 1781 nas catacumbas romanas de Santa Inés e traída a Galicia por un emigrante galego que adquiriu a súa imaxe en Cádiz. Cada 27 de setembro réndeselle culto nunha multitudinaria festa onde os exvotos son protagonistas.
  comenta   0
O antropólogo Marcial Gondar Portasany abre o encontro "A morte nos Fisterras europeos: Bretaña e Galicia" no Consello da Cultura Galega. A partir da relación coa morte nestes dous lugares de Europa, estudan as diferentes maneiras coas que afrontaban a perda dunha persoa, sobre todo, aqueles ritos que se perderon ou están apiques de desaparecer.
  comenta   0
"Apostamos por unha educación gratuíta con independencia da titularidade privada ou pública do centro e do modelo educativo", sinalan desde a Conferencia Episcopal Española.
  comenta   0
O ensino de relixión nos centros públicos abriu unha polémica xa desde os primeiros días da Transición. As diferentes reformas educativas dos gobernos centrais daban ou quitaban valor curricular a esta cadeira creando unha polémica detrás doutra. O que si se pode ver é que esta materia non desaparecerá dos centros públicos sen que se produza un cambio ou unha anulación dos concordatos co Vaticano de 1979.
  comenta   2
A Semana Santa é unha celebración que perdeu para moita xente o sentido relixioso-oficial que representaba en Galicia até hai só unhas décadas. A día de hoxe, diante dunha sociedade cada vez máis desentendida das cuestións relixiosas, os grupos laicos e de ateos, aínda que con certas diferenzas, apuntan a grande contradición que é sacar os pasos de procesión nun estado considerado aconfesional mais que entrega dotacións económicas á Igrexa católica mediante os concordatos asinados co Estado.
  comenta   0
Esixen unha Igrexa que "deixe de exercer toda forma de asimetría de poder" e "abandone o modelo clerical de masculinidad hexemónica".
  comenta   0
Os maiores beneficiarios son a CIG, CC.OO. e UGT. Tamén perciben subvención o Sindicato Independente e Profesional de Profesores de Relixión de Galicia.
  comenta   0
O sindicato mostrou a súa "decepción" ante a "nova ocasión perdida" da Lomloe de eliminar a materia de Relixión dos centros educativos.
  comenta   0
Terá tanta importancia coma Educación Plástica ou Música e Danza en Primaria e será obrigatoria en Bacharelato se así o elixe o centro.
  comenta   0
A plataforma Revolta de Mulleres na Igrexa convocou mobilizacións ante as catedrais de diferentes cidades.
  comenta   0
Nun acto en Santiago no que se lle fixo entrega dun diploma e unha medalla, Feijóo agradeceu que é "toda unha honra" recibir esta distinción que se outorgou a personalidades como o chef Ferrán Adrià.
  comenta   0
A materia de Relixión contaría con 210 horas para toda Primaria (70 horas para cada ciclo), é dicir, 90 horas menos se se compara con LÓEA de 2006, aprobada polo Goberno socialista de José Luís Rodríguez Zapater
  comenta   0
A pandemia da COVID deixou sen procesións de Semana Santa a localidades como Ferrol e Viveiro, as dúas máis sinaladas nestas datas en Galicia. Isto trae o decaemento de ingresos en sectores económicos como hostalaría e todo o relacionado co turismo. Pero para os movementos laicos, a economía arredor destas datas mostra como a engaranaxe da Igrexa funciona grazas ao apoio das institucións públicas.
  comenta   2
As peregrinacións en Europa están en mínimos históricos, tamén na Ruta Xacobea, por mor da pandemia. A caída foi especialmente importante entre maiores de 60 anos e estranxeiros. Tras un ano practicamente perdido, espérase recuperar visitantes este verán e coa ampliación do Xacobeo en 2022.
  comenta   0
A plataforma Galicia Laica califica o plan trazado polo Concello olívico e a Deputación provincial de "abuso institucional" e avisa de que "contravén o artigo 16 de Constitución".
A súa capacidade milagreira para a curación emocional e física foi transmitida de xeración en xeración dende hai séculos, e segue a mostrarse, na actualidade, de diferentes formas, tanto propias da relixión católica como alleas á ortodoxia desta.
Organizacións laicistas en todo o Estado queren informar á maioría sobre a apostasía e como facela, porque ven que moita xente non ten información sobre este punto. Esixen un estado totalmente laico, sen privilexios para ningunha fe, elemento que consideran unha cuestión íntima.
  comenta   0
O cristianismo evanxélico conta en Galicia con cen templos e cuns cincuenta mil crentes. As primeiras comunidades espertaron os receos e desconfianza entre unha poboación maioritariamente católica. Comezaron as súas actividades atendendo persoas con problemas de adicción ou pobreza. Igual que outras igrexas reformadas, as mulleres tamén poden predicar o evanxelio.
  comenta   3
O número de crentes ortodoxos en Galicia é descoñecido, mais algunhas estimacións falan de entre 10.000 e 15.000. Radu Iacob é sacerdote da parroquia ortodoxa de Lugo que tamén recolle a provincia de Ourense. Este relixioso romanés está casado e ten tres fillos.
  comenta   1
Os homes que queren ser curas católicos saben que renuncian a determinados aspectos da vida común. O celibato para eles é a resposta e maneira de reflectir o sacrificio de Xesús polos demais, servir aos demais. GC ofrece unha achega á vocación católica para entender que motivos levan a aceptar o feito de renunciar a boa parte da súa vida.
  comenta   1
Non, non alucinen. Non me convertín á relixión tautolóxica do Rajoy (“un plato es un plato”). Se non lles acredito na miña- que é a unica verdadeira- para canto máis lles vou acreditar na súa. Vaites,vaites…
  comenta   0
As cerimonias civís van abrindo paso entre as relixiosas para os enterros. Agora somos máis reservados e as cerimonias son máis íntimas. Mesmo a idea dun cemiterio pode variar moito e converterse nun espazo para crear comunidade. Todos os Santos e Defuntos tamén van cambiando co paso do tempo.
  comenta   0
Javier Gómez Darriba, profesor de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela, achega un estudo no que aporta información clave que permite facer unha reconstrución daquel mosteiro concepcionista.
A raíz da presenza dun dos dirixentes locais do BNG de Mondariz nunha procesión relixiosa da localidade, Ana Pontón asegurou que, como organización, teñen unha posición moi clara ao respecto: cren na separación de poderes Igrexa-Estado, pero "Outra cousa son as crenzas persoais de cadaquén".
  comenta   12
Denuncia que a Igrexa non estea obrigada a pagar determinados impostos e que se inclúa a Relixión no ensino público. Pontón acusa a Feijóo de "rei da soberbia" no conflito da Atención Primaria.
  comenta   2
Poderá "proclamar o Evanxeo e asistir ao altar, administrar o sacramento do bautismo ou levar a comuñón aos enfermos" e deberá ser célibe se é mozo.
  comenta   0
O colectivo #FilosofíaSi e o BNG denuncian que algúns alumnos teñen que matricularse nesa materia para completar o cómputo horario, ao apuntarse tamén a outras optativas como Robótica, Antropoloxía ou Coeducación para o século XXI
  comenta   0
Colectivos de profesores denuncian que esta situación "non só constitúe unha discriminación" para o alumnado que non queira cursar Relixión, senón queimpide que "poidan formarse" noutras materias.
  comenta   0
O sacerdote testificou este mércores describindo como sectarios aos membros máis próximos, "os que vivían en casa Nai", explicou en referencia á vivenda que o grupo tiña no municipio pontevedrés de Mougás.
  comenta   0
O avogado que representa ao líder dos 'Miguelianos' destacou que a consagrada que declarou este martes, afín ao líder, "contou con todo luxo de detalles o que pasou" ao amparo da Orden y Mandato de San Miguel Arcángel; no entanto, a acusación particular remarcou que a muller "estivo un período moi breve" na 'casa nai'.
  comenta   0