"Feijóo, atende, a sanidade non se vende" foi unha das consignas que máis se escoitou nunha manifestación na que participou tamén a oposición galega. A Xunta defende a súa xestión e dirixe as súas críticas ao Goberno central e ao BNG, ao que acusa de "colocar carpas diante dos centros de saúde" de varios municipios "para que os pacientes estean fóra sen entrar".