Mentres que a esquerda e o nacionalismo levan as diferencias aos medios, o presidente do PP de Ourense cre que falar de purga ao marianismo nas listas é "política de ficción", a pesar de ser o único dirixente galego que apoiou a Soraya Sáenz de Santamaría.
  comenta   0
Aínda que o presidente da Xunta dixo que se ía manter neutral na pugna entre Casado e Saénz de Santamaría, o certo é que todo o seu sector afín apoiou ao actual líder do PP. Por iso, agora "liderará e coordinará" o congreso dos populares.
  comenta   1
O proceso sucesorio dentro do Partido Popular puxo en evidencia a existencia de diferencias importantes en Galicia e, sobre todo, que o seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, non ten o control absoluto do seu propio partido.
  comenta   2
O líder do PPdeG lembra que hai xente da lista da ex vicepresidenta na nova dirección popular e destaca a presenza de tres galegos; Marta González, Diego Calvo e Ana Belén Vázquez.
  comenta   0
Pontevedra e A Coruña apoian a Casado, mentres que Lugo e Ourense decántanse por Santamaría. Feijóo insiste na súa neutralidade aínda que o todo o círculo máis afín apoia abertamente a Casado.
  comenta   1
Sobre a proposta do vicesecretario de Comunicación popular para que asuma un papel relevante no PP, asegura que abre a porta a dedicar máis "horas" ao partido en España, sen que prexudique a Galicia.
  comenta   1
Rueda retuitea a mensaxe de apoio de Calvo e doutros populares de Pontevedra a Casado, mentres Baltar reafirma o seu respaldo a Santamaría
  comenta   0
Santamaría di que "non lle consta" que Feijóo se teña pronunciado e defende a "liberdade" dos compromisarios. Baltar ou Pilar Rojo xa lle deron o seu apoio, mentres que Diego Calvo aposta por Casado.
  comenta   0
O presidente da Xunta e do PPdeG preguntará aos presidentes das catro provincias galegas para coñecer a opinión da "maioría" dos compromisario.
  comenta   0
É o primeiro dos grandes dirixentes do PPdeG que dá o seu respaldo a un dos dous candidatos, a pesar da suposta neutralidade da dirección do seu partido. Tras o pacto entre Casado e Cospedal, moitos deles poderían decantarse polo vicesecretario de comunicación que apareceu acompañado polo secretario xeral do PPdeG no velorio do ex presidente Albor.
  comenta   2
Pedro Puy cre que a maioría de delegados galegos votará o mesmo e insinúa que se está decantando. Na primeira volta; Lugo, Pontevedra e A Coruña votou por Cospedal e Ourense por Santamaría.
  comenta   0
Os populares galegos apoiaron maioritariamente a exsecretaria xeral do PP que quedou fora da segunda volta, detrás de Saénz de Santamaría e Pablo Casado. Volve saír reforzado o PP de Baltar, que foi o único que apoiou á gañadora.
  comenta   1
Varios xornais apuntan xa ás posibilidades do presidente da Xunta na disputa interna pola sucesión que hai no PP. Pero, segundo un sondeo interno, a mellor posicionada é Soraya Sáenz de Santamaría. Nunha entrevista Feijóo recoñece o seu “tirón” entre a militancia popular.
  comenta   3
Noriega pide "non dramatizar" o asunto porque o Concello realizou a solicitude "por protocolo e cortesía" logo de ter constancia "a través dos medios" da visita da vicepresidenta do Goberno central.
  comenta   4