Este martes, o grupo anunciaba a compra de algo menos do 10 % do accionariado da compañía española por 2.100 millóns de euros. Dado a recente da noticia, sinalou Albares este xoves na inauguración en Lugo da Conferencia de Alto Nivel sobre Envellecemento, é "pronto" para entrar a facer valoracións, aínda que si indicou que "se está analizando" a operación.
  comenta   0
O sindicato censurou a "falta de compromiso de Naturgy coa sociedade galega" mentres exerce a "explotación" dos recursos de Galicia
  comenta   0
O líder do PP tivo que presentar a declaración de bens patrimoniais e rendas ao ser nomeado senador por designación autonómica do Parlamento Galego.
  comenta   0
Entre outros numerosos colectivos chamados á folga en Galicia, figura o persoal da empresa Fidelis Servizos Integrais, S.L. que presta o servizo de operación telefónica no 061.
  comenta   0
Así o vén de apuntar o conselleiro de Sanidade, que insta aos casos sospeitosos a usar a atención telefónica e non acudir aos centros de saúde.
  comenta   0
A Compañía telefónica foi mercada, primeiro por Euskaltel, e agora está xa en mans de MásMovil que acaba de vender a división audiovisual a outra multinacional, Agile Content.
  comenta   1
Sanidade subliña que estas persoas "non necesitan recorrer" a atención primaria no caso de ser asintomáticos.
  comenta   0
O director de administracións públicas do territorio norte de Telefónica, Manuel Alonso, afirmou que esta "privilexiada" cobertura "permite agora masificar dunha maneira moi rápida o despregamento" do 5G.
  comenta   0
A Sala de Goberno do TSXG aprobou esta semana novas medidas que permanecerán vixentes ata que finalice a crise sanitaria.
  comenta   0
A empresa telefónica propón renovar o seu consello de administración coa ex titular de Medio Ambiente, Beatriz Mato, e Ana García Fau por ser "idóneas" para o cargo e reducilo a 10 membros.
  comenta   1
Creará unha plataforma dixital para deseño e construción de buques para Navantia por 5,2 millóns.
  comenta   0
Nos últimos meses estanse sucedendo a un ritmo nunca visto a desaparición do tecido industrial galego. Uns datos que demostran que a pouca industra deste país morre paseniñamente pola inacción das administracións, os fondos boitres e as especulacións, e a falta de certezas laborais. Esta é a radiografía dunha crise que afecta a máis de 5.100 traballadores, desde a industria naval, á telefónica, pasando polas enerxéticas ou hidroeléctricas.
  comenta   6
Inversiones Malleo pedialle ao concello 3,5 millóns por reducir a edificabilidade dun solar onde pretendía construír un edificio de sete plantas onde antes había só unha pequena casa propiedade de Telefónica.
Telefónica alcanzou este venres un acordo con Pontegadea, o vehículo investidor de Amancio Ortega, para a venda dunha participación indirecta equivalente ao 9,99% de Telxius, a súa compañía global de infraestruturas de telecomunicacións, por un importe total de 378,8 millóns de euros.
  comenta   2
A madereira Finsa busca novos sistemas para a xestión de datos mediante sensores. Nova Pescanova quere optimizar a rendibilidade na produción de lagostino con modelos predictivos. As dúas empresas examinarán os resultados na edición Galicia Open Future. Os gañadores traballarán coas empresas e poderán acceder a axudas económicas públicas.
  comenta   0
Protestas nesta provincia ante o anuncio de novos recortes e a ameaza de peche de Centros de Traballo na Estrada, Vilagarcía de Arousa e Pontevedra capital. Actualmente só hai 276 traballadores, dos 1.100 que había nos anos 90.
  comenta   0
A compañía restablece a rede móbil afectada polos incendios en Galicia e continúa os traballos na rede fixa, cuxa situación "é moito máis grave".
  comenta   0
Xosé Rodríguez Méndez denuncia que Movistar, de Telefónica, que é a que controla a rede, nin sequera responde as peticións para repoñer o servizo logo da vaga de lumes. Empresas e servizos públicos paralizados por carecer de liña telefónica. Vídeo coa entrevista no interior.
  comenta   3
O Centro Criptológico Nacional emite unha alerta que chega logo de que saltase a alarma na sede de Telefónica en Madrid, onde se descubriu que a rede interna da operadora se viu comprometida por un ataque cun virus informático. Os nomes de empresas como Inditex ou Fenosa tamén saíron como posibles afectadas.
  comenta   1
O I Foro Inventa a túa Comunicación reunirá a vinte relatores e 500 empresarios entre o 31 de marzo e 1 de abril en Santiago.
  comenta   0
Tras a adquisición da compañía galega por parte da vasca Euskaltel, Vodafone está investindo moi forte nas infraestruturas telefónicas do norte peninsular.
  comenta   0
A Universidade de Vigo acolle o encontro HackForGood entre o 9 e o 11 de marzo. O encontro celebrarase simultaneamente en 15 cidades do Estado.
  comenta   4
Esta multinacional será a encargada da implantación de contornas de traballo dixitais en toda a estrutura do ente público e se ocupará, ademais, do mantemento do sistema e da subministración de equipos de cámaras ENG, da dixitalización do arquivo histórico e da formación de 700 profesionais.
  comenta   0
O centro tecnolóxico vigués e ElevenPaths asinan acordo marco polo que colaborarán na innovación e desenvolvemento de iniciativas e proxectos tecnolóxicos centrados nos campos da seguridade, a privacidade e a ciberseguridade.
  comenta   0