A Cámara de Comercio de Santiago informou este martes de que "constata" que o paro patronal do transporte "paraliza a actividade de cada vez máis empresas".
  comenta   0
O vicepresidente, José María García Leira, pide unha subvención de 100.000 euros "a fondo perdido" para iniciar a actividade dun organismo que leva 10 anos sin actividade e no que participan empresarios como Villar Mir.
  comenta   0
Anuncian unha campaña para que non se produza "ningún despedimento" logo do anuncio da compañía que abre a porta ó recorte de persoal.
  comenta   0
OHL logrou catro contratos de obras portuarias en distintos portos españois que, en conxunto, suman un importe de 20 millóns de euros, segundo informou o grupo. Entre eles inclúense os de Vigo e Laxe (A Coruña).
Nos últimos meses estanse sucedendo a un ritmo nunca visto a desaparición do tecido industrial galego. Uns datos que demostran que a pouca industra deste país morre paseniñamente pola inacción das administracións, os fondos boitres e as especulacións, e a falta de certezas laborais. Esta é a radiografía dunha crise que afecta a máis de 5.100 traballadores, desde a industria naval, á telefónica, pasando polas enerxéticas ou hidroeléctricas.
  comenta   6
Tras o fin da industria do carbón, e do aluminio pode chegar a das hidroeléctricas. O fondo de investimento TPG fíxose coas centrais dos ríos Xallas e Grande. Pero o futuro das fábricas de Cee e Dumbría fica ligado ao dos encoros, unha fonte segura de ingresos. O desinterese pola continuidade destas fábricas reflectiuse en que o novo fondo propietario non está interesado na compra da planta de Sabón, en Arteixo. Os traballadores cren que detrás da compra está a especulación.
  comenta   1
"Como quedou demostrado entón, os proxectos e as negociacións da empresa son unha pantomima e o seu único obxectivo segue sendo a venda das centrais", declara a CIG.
  comenta   0
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, apuntou que a Xunta está "á expectativa" sobre a venda de Ferroatlántica, mentres insiste en que o comprador debe "cumprir" as concesións.
  comenta   0
Os traballadores cren que "non hai nada que obxectar" desde o punto de vista legal, xa que "queda garantida a viabilidade das fábricas".
  comenta   0
O fondo TPG xestionará os activos de Ferroatlántica a través de Ithaka, formada por executivos procedentes de Unión Fenosa ou FCC. Traballadores reúnense coa empresa para analizar a venda.
  comenta   1
A transacción inclúe dez plantas hidroeléctricas e unha fábrica de ferroaleacións, todas elas en Galicia.
  comenta   1
ContraMinacción critica que o lobbie mineiro buscou rodearse de altos cargos durante o V Congreso Nacional de Áridos en Santiago de Compostela. A organización destaca que reunirá a 700 persoas e "terá unha importante repercusión internacional". Por outra banda, a plataforma Mina Touro- O Pino Non desvinculouse das pintadas aparecidas este mércores contrarias a este proxecto.
  comenta   1
O empresario, investigado por financiar ilegalmente ao PP, non poderá vender por separado as súas hidroléctricas, como pretendía Ferroatlántica coa oposición de traballadores e forzas políticas da Costa da Morte.
  comenta   1
A marcha iniciada en Cee rematará o sábado en Compostela. O alcalde de Dumbría, o socialista José Manuel Pequeño, e a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, acompañan aos traballadores.
  comenta   0
Os socialistas apoian a proposta de BNG e En Marea a pesar de pedirlles "máis rigor" para expor investigacións.
  comenta   0
O empresario implicado na financiación irregular do PP quere vender tres instalacións eléctricas que levan 16 anos de trámites administrativos e que foron autorizadas por tres gobernos diferentes. A decisión final para a súa venda depende do Goberno de Feijóo.
  comenta   3
Podemos personalizará o seu famoso autobús-denuncia con motivos referidos a Galicia. A ruta buscará salientar as conexións dos conservadores co imputado Villar Mir -parando en Ferroatlántica- e a indultada ENCE -onde sentan no Consello de Administración unha ex-ministra e un ex-conselleiro.
  comenta   17
Turismo adxudicoulle pola vía de urxencia a xestión dos albergues do Xacobeo. OHL é unha das empresas que financiou ilegalmente ao PP, segundo as investigacións da Operación Lezo e da Gürtel.
  comenta   1
O presidente da Xunta, que poderería parar a operación, polo de agora non lle ve problemas a esta transacción.
  comenta   2
"Xa temos máis de 1400 sinaturas en Change.org a pesar de que medios como La Voz ou El Correo están ignorándonos completamente", critican os traballadores de Ferroatlántica tras recibir con asubíos este luns ao seu presidente.
  comenta   2