Sobre a declaración de mercado tensionado, a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, indicou que a Xunta está "en contra do intervencionismo no mercado do aluguer".
  comenta   0
A rexedora destacou que o acceso á vivenda é "un dos principais retos da cidade", cunha demanda crecente reflectida nas 3.367 persoas inscritas no Rexistro de Demandantes de Vivenda de Galicia.
A rexedora apuntou que "do que se trata é de que todas as administracións, con competencias ou non, como é o caso do goberno municipal, pero con preocupación polo problema da vivenda podamos empezar a dar solucións a algo que preocupa enormemente aos españois".
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, sinalou que os inquilinos, cos cálculos estimados polo consistorio, "aforrarían ao redor dos 450 euros de media ao ano no seu aluguer". "Pero é que os propietarios poderían desgravar ata o 90 por cento da renda", sinalou apuntando á bonificacion no IRPF.
A Xunta sinala que, ante a "falta de claridade" no procedemento establecido polo Goberno central, detalla os pasos seguir por parte dos concellos, que deben avalar con documento e estudos técnicos a súa solicitude
  comenta   0