Intelectuais e profesores denuncian a detención sen xuízo de Antón Santos e María Osório

A detención, a pasada semana, de varias persoas acusadas pola Policía de pertencer a Rêsistencia Galega ten desatado un movimento de apoio en distintos colectivos sociais, profesionais e políticos. O último, un escrito asinado por máis dun cento de persoas.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 07/12/2011

Máis dun cento de intelectuais, profesores, abogados, economistas e outros profesionais de Galicia denuncian nun escrito conxunto que a detención, a pasada semana,  de Antóm Santos e Maria Osório na cidade de Lugo, produciuse sen garantías xudiciais.

“Diante da nosa sorpresa, estes compañeiros xa foron condenados a través de diversos medios de comunicación sen máis probas que as que, presumibelmente, proporcionou a propia policía con absoluto desprezo do dereito á presunción de inocencia, xa que foron publicados os seus nomes completos e mesmo imaxes de Antom, ignorando o seu dereito á honra  -recollido no art. 24.2 e no 18.1 da Constitución española- “, apuntan nun comunicado.

 Así, suliñan que Antom Santos e Maria Osório caracterizáronse e caracterízanse pola súa “grande talla humana, destacando o seu labor como investigadores e docentes, sempre comprometidos cos movimentos populares”.

“Historiadores, investigadoras e docentes, así como editores, escritores, xuristas e advogados amigos de Antom e Maria, agardamos que os dous en breve podan  vivir en liberdade, malia ao dano xa causado ás súas persoas e familias”, indican. 

 Os asinantes desta petición son: 
-Carlos Velasco Souto, historiador e profesor da Universidade da Coruña.
-Alexandra Cabana Outeiro, historiadora e docente de ensino medio.
-Uxío-Breogán Diéguez Cequiel, historiador e profesor da Universidade
da Coruña.
-Sara Carou García, penalista e advogada.
-Xúlio Pardo de Neyra, historiador e profesor da Universidade da Coruña.
-Eliseo Fernández, investigador.
-Dionísio Pereira, economista e investigador.
-Félix Rodrigo Mora, estudoso do mundo rural.
-Francisco Pillado Mayor, editor.
- José Ángel Brandariz García, profesor titular de dereito penal, Universidade da Coruña.
-Fernando Blanco Arce, advogado.
-Xabier Cordal, escritor.
-Gonzalo Amoedo López, investigador.
-Xoán Carlos Garrido Couceiro, profesor e investigador.
-Antón Dobao, cineasta.
-Xurxo Souto, licenciado en filoloxía e activista cultural.
-Francisco Sampedro, filósofo e profesor.
-Celso X. López Pazos, profesor.
-Baldomero Iglesias Dobarrio, “Mero”, músico e profesor.
-Grupo “A Quenlla”.
-Séchu Sende, escritor e profesor.
-Marina Quintillán Núñez, música e profesora.
-José Antonio Viña Arias, mestre.
-Roberto Guijarro López, profesor.
-Elvira Souto, profesora xubilada da Universidade da Coruña
-Bernardo Máiz, historiador.
- Eduardo Sanches Maragoto, profesor de portugués na EOI de Santiago de Compostela.
-Gustavo Luca de Tena, xornalista.
-Beatriz Bieites, profesora
-Xosé  Luis Rivas Cruz  "Mini", músico e profesor.
-Xosé-María Dobarro Paz, Catedrático da Universidade da Coruña.

O manifesto está publicado en http://www.revistamurguia.com/?p=709

Rede Escarlata e Primeira Linha

Por outra banda, as Redes Escarlatas denuncian a “criminalización” a que se están somentendo aso detidos.  “O Estado español continúa facendo méritos para figurar en cada guía de atropelo aos dereitos humanos que se publica no mundo. Todo indica que a represión se recrudecerá; mentres, moitos galegos e galegas persistiremos na nosa negativa a asumir que a Nacionalidade Única e o Capitalismo usurpen a palabra democracia”, asegura nun comunicado.
Tamén a organización Primeira Linha manifesta a súa solidariedade cos detidos e solicita a súa inmediata liberación. “ A operaçom policial e mediática em curso pretende atemorizar a Galiza rebelde e combativa, a que nom se ajoelha docilmente nem se submete mansamente aos ditados do Estado imperialista espanhol”, aseguran nun comunicado.

Por iso aposta pola “Revoluçom Galega” como única “saída viável para evitar a derrota da Galiza e do seu povo na maré reacionária e neofascista exportada pola Uniom Europeia via Espanha.

Esculca

Nos últimos días, o Observatorio para a Defensa dos Direitos e Liberdades Esculca, tamén denunciou os métodos utilizados nas detencións practicadas nos últimos días, especialmente, no tocante a súa incomunicación.

“O noso Observatorio non pode deixar de mostrar publicamente a súa preocupación pola aplicación do réxime de detención incomunicada ás seis persoas detidas estes días en e actuar para que sexan adoptadas medidas que garantan o respecto dos seus dereito”, apuntan nun comunicado.
Neste sentido, ainda recoñecendo as insuficiencias do actual cadro legal, solicitou ao Xulgado Central de Instrución núm. 6, a aplicación do Protocolo Garzón, esperando que sexan tomadas de inmediato as medidas precisas para modificar a lexislación no sentido recomendado polos organismos internacionais “que exhortan o Reino de España a eliminar a detención incomunicada”.