O PSOE acusa a Feijóo de "colgarse medallas" a conta da "iniciativa socialista" para recuperar o Pazo de Meirás

O secretario xeral dos socialistas galegos critica a actitude do presidente da Xunta.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/07/2019 | Actualizada ás 14:42

Comparte esta noticia

O secretario xeral do Partido Socialista de Galicia (PSdeG), Gonzalo Caballero, criticou a actitude do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, por tentar "colgarse medallas" a conta da "iniciativa do Goberno" para recuperar o Pazo de Meirás.

Pazo de Meirás (Sada)
Pazo de Meirás (Sada) | Fonte: Europa Press

Caballero sinalou que Feijóo "non fixo nada" por Meirás ao longo dos seus dez anos de mandato e unha "proba" diso foi a "inacción" do Goberno autonómico cando a familia Franco se megaba a abrir o pazo ao público, a pesar de ser unha "obriga legal" ao obter o título de Ben de Interese Cultural, a instancias do Executivo de Emilio Pérez Touriño (PSdeG).

De feito, o mandatario socialista denunciou que finalmente a resposta da Xunta pasou por "entregar ao Franco máis de 50.000 euros de diñeiro público para sufragar a súa apertura" e que seguiu sen "facer nada" ante as "reiteradas queixas" dos visitantes pola "apoloxía ao franquismo" que facían os guías da Fundación Francisco Franco.

Ante esta situación, Caballero reivindicou as súas xestións ante o Goberno de Pedro Sánchez para "lograr que o Pazo de Meirás volva a mans da cidadanía", sempre con "respecto ás normas" e con "solvencia xurídica".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta