Nova agresión múltiple a gardas civís na Costa da Morte

Foron detidas cinco persoas nas festas de Muxía por agredir a varios axentes ao berro de 'A por eles'. Un deles tivo que ser intervido cirúrxicamente.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/07/2019 | Actualizada ás 09:44

Comparte esta noticia

A Garda Civil da Coruña detivo nas festas de Muxía a catro homes e unha muller acusados de atentado á autoridade, lesións e ameazas tras berrar "imos todos a por eles" despois de que agredisen aos axentes que acudiran ao lugar para practicar unha detención.

Segundo informou o corpo, os feitos sucederon durante a celebración das festas de Muxía, cando se solicitou a súa presenza polo comportamento dun dos asistentes, que estaba "a alterar a orde".

Unha vez no lugar, os axentes comprobaron a presenza dun home "visiblemente agresivo", polo que se procedeu á súa identificación. No entanto, o individuo comezou a proferir insultos cara aos gardas civís mentres se desvestía, chegando mesmo a tratar de fuxir do lugar dos feitos.

Nesta situación, mentres un dos efectivos púñalle os grilletes para a súa detención, formouse na zona un tumulto de xente, que se abalanzaron sobre os gardas civís ao berro de 'Imos todos a por eles'. Os axentes sufriron empuxóns, patadas e ameazas.

De entre as persoas que tentaban impedir a detención, os "máis activos", apunta o corpo, foron o pai, o irmán e un primo do home, así como a súa ex parella. Posteriormente, os axentes puideron pescudar que a alteración da orde debíase, precisamente, a que o home estaba a molestar á muller durante as festas.

Por iso, foron detidos, ademais do home, os seu tres familiares e a exparella do mesmo. No operativo resultaron feridos de diversa consideración tres gardas civís, dos que un tivo que ser intervido cirurxicamente en urxencias.

Persoa detida. GARDA CIVIL
Persoa detida. GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta