Arde a cabina dun camión na estrada N-634 á altura de Curtis

O incidente saldouse sen danos persoais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/07/2019 | Actualizada ás 12:29

Comparte esta noticia

Un incendio calcinou a cabina dun camión que circulaba pola estrada N-634 ao seu paso polo termo municipal de Curtis, segundo informou o CIAE 112 Galicia.

O lume, que se iniciou ás 11,20 horas deste luns, foi sufocado minutos despois grazas á intervención dos Bombeiros de Betanzos e o GES de Curtis.

O incidente saldouse sen danos persoais a pesar de calcinar por completo a cabina do camión, que non transportaba mercadorías perigosas. O propio condutor do vehículo foi quen deu a voz de aviso á central de emerxencias ao fío das 11,20 horas.

A circulación na zona viuse afectada o incidente, aínda que non provocou cortes de tráfico, segundo apunta o CIAE 112 Galicia.

Camión que consome GNL para Endesa
Camión que consome GNL para Endesa

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta