Morre unha muller atropelada por un camión na Coruña

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/07/2019 | Actualizada ás 11:48

Comparte esta noticia

Unha muller faleceu na mañá deste martes tras ser atropelada por un camión na cidade da Coruña.

Segundo a información do CIAE 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 10,23 horas na Rolda de Nelle, á altura da confluencia coa Avenida de Finisterre.

Ata o lugar desprazáronse efectivos dos Bombeiros, que tiveron que liberar o cadáver da muller, e da Policía Local, así como persoal do 061, que certificou o falecemento.

Camioneiro conducindo un camión
Camioneiro conducindo un camión | Fonte: transporte 3

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta