Empresarios coruñeses alertan da "forte dependencia" do sector servizos e piden unha "maior industrialización"

Aseguran que a industria xera "contratos máis estables" en comparación co turismo, que ofrece contratos "temporais".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/07/2019 | Actualizada ás 14:57

Comparte esta noticia

Empresarios da provincia da Coruña alertaron este martes da "forte dependencia" do sector servizos no catro provincias galegas, principalmente na Coruña e Pontevedra, onde representa o 74% e o 68,7% do Valor Engadido Bruto (VAB), respectivamente, polo que pediron unha "maior industrialización" da economía.

Así o fixeron na presentación do III Informe de Conxuntura Económica (ICE) elaborado polo Club Financeiro de Santiago e o Club Financeiro Atlántico, o cal mostra unha "caída sistemática" do sector industrial. Segundo as súas cifras, das 245.658 empresas con actividade na Comunidade galega, só un 6% pertence ao sector industrial.

"É fundamental aumentar o peso da industria e promover a súa diversificación máis aló do sector téxtil e da automoción. Os expertos recomendan pór o foco en áreas produtivas con forte compoñente de I+D+i que, ademais, poidan ser unha saída laboral para o capital humano de alta cualificación que xeran as universidades galegas", insistiron.

Entre as liñas de actuación propostas polos autores do informe para fomentar a industrialización de Galicia figura a promoción de clústers no sector primario. Os expertos apuntaron, tamén, á necesidade de favorecer o acceso a chan industrial en condicións "vantaxosas" para a localización e implantación de empresas na provincia, ademais de promover a simplificación na tramitación administrativa e a seguridade xurídica.

SECTOR SERVIZOS

Os datos de ambos os clubs financeiros apuntan que nas comarcas da Coruña e de Santiago o sector servizos supera o 80% do VAB total. A economía da comarca herculina céntrase no comercio, o transporte e a hostalaría, mentres que a de Compostela está orientada á madeira, o papel e os mobles.

Das 66.620 prazas turísticas rexistradas na provincia, un 24% atópase na comarca de Santiago, e un 18% na da Coruña. As comarcas de Fisterra, Barbanza, Ferrol e Bergantiños están por encima do 5% da oferta total da Coruña. Pola súa banda, a oferta das comarcas de Xallas e A Barcala non alcanza o 1% do total. Así, o turismo revélase como un sector en "constante crecemento".

"O mercado laboral é clave para que as familias, as parellas decidan ter fillos", destacou Maite Cancelo, profesora titular de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Así, insistiu na necesidade de crear emprego industrial xa que xera "contratos máis estables", así como "salarios maiores", en comparación co turismo, que ofrece contratos "máis temporais" e con "menos estabilidade".

INTERNACIONALIZACIÓN

En relación ao volume das exportacións, a provincia coruñesa achegou o 51,2% do total galego en 2018. O groso das mesmas (61,3%) diríxese cara a países da zona euro, aínda que esa porcentaxe amplíase se se inclúen todos os países da Unión Europea.

No entanto, os expertos consideran que debe ser "un reto" mellorar as relacións comerciais con países emerxentes, como China ou México, que unicamente representan o 1% das exportacións actuais, así como outros como Rusia, India ou Brasil, "pola elevada potencialidade que ofrecen debido ao tamaño dos seus mercados".

A Coruña presenta unha elevada concentración das súas exportacións no sector téxtil, como consecuencia do peso da multinacional Inditex, que supón máis do 44,7% das vendas ao exterior da provincia.

"FEMINIZACIÓN" DO PARO

Os datos sobre o mercado de traballo na provincia da Coruña durante os últimos anos (2010-2018) reflicten "un panorama xeral de mellora como consecuencia da redución dos niveis de paro e dun aumento da contratación", especialmente no bienio 2016-2017.

En termos absolutos, a maior caída do número de parados rexistrouse nas comarcas da Coruña, Ferrol e Santiago. Con todo, Terra de Soneira presenta o maior descenso relativo, cunha diminución do 41,38%.

Imaxe da presentación deste martes.. PEDRO DAVILA-EUROPA PRESS
Imaxe da presentación deste martes.. PEDRO DAVILA-EUROPA PRESS | Fonte: Europa Press

PACTO DEMOGRÁFICO

Os autores deste estudo avogaron pola necesidade dun "gran pacto demográfico" a nivel nacional e autonómico que teña en conta as características específicas de Galicia, incluíndo algúns aspectos como a retención do talento e o apoio á natalidade.

Todo iso debido a que A Coruña e Santiago son as únicas comarcas da provincia que gañaron poboación desde 2010. Aínda así, a provincia concentra o 41,4% dos habitantes de Galicia, pero nos últimos anos rexistrou unha perda "significativa" de residentes, con 27.107 persoas menos que en 2010.

Entre outros datos, o PIB por habitante na provincia é superior ao da media galega, alcanzando os 24.000 euros. Ademais, o peso da provincia herculina no PIB é superior ao que representa en poboación: achega o 41,2% de poboación e o 46,3% do PIB galego.

PENSIÓNS MEDIAS E GASTO PÚBLICO

No mesmo informe, o club financeiros tamén destacan que o número de pensionistas na provincia da Coruña é de 261.798 a data de 2017. Desde 2011, esta cifra aumentou un 5,8% de media.

O importe medio das pensións, tomando como base o ano 2017, é de 927,40 euros, aínda que presenta diferenzas "relevantes" entre as súas comarcas, oscilando entre os 625,99 de Xallas e os 1.133 euros de Eume.

Sobre o gasto público dos municipios, Cancelo sinalou que constataron unha "forte contracción" dos recursos administrativos polas facendas locais ata o ano 2012 e unha "lixeira recuperación" nos últimos anos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 anonimo

¿ E a quen piden " mais industrialización"? ¿ Non se supón que son os empresarios quenes montan as industrias? Sinto, non entendo.

3 uu1

Gosta-me que a apresentação seja em castelhano, é um primeiro motivo para não fazer-lhe demasiado caso. Se o mais destacado é o que aparece no artigo, é singelamente “simplista”, nada interessante, prescindível. De verdade estas são as conclusões, há que trabalhar um pouquinho mais!!!

2 patético

La paletada económica de Galicia es para recordar. Si gobernara un partido nacionalista en este país el tiempo que lleva el pp, estarían cacareando hace más de 20 años las maldades del nacionalismo.... hay que ser sinverguenzas¡¡¡ Así vai o noso país, supongo que se refieren a la enorme reacción de los sectores económicos cuando se vendió fenosa a los catalanes o cuando nos quedamos sin estructura financiera propia, o la pérdida de peso del sector eólico, .....gañanes

1 A min non...

Paletos do carallo, eso xa se sabía de fai tempo, o q pasa é q queren unha subvencion pas vacacions da familia....