Reclaman o reforzo dos servizos de atención a vítimas de violencia de xénero durante o verán

"Durante a época estival obsérvase unha preocupante tendencia: o aumento dos crimes machistas", advirte a asociación de profesionais dos CIM (centros de información a mulleres).

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/07/2019 | Actualizada ás 18:27

Comparte esta noticia

A asociación de profesionais dos CIM (centros de información a mulleres) reclama o reforzo dos servizos de atención ás vítimas de violencia de xénero durante o verán.

"Durante a época estival obsérvase unha preocupante tendencia: o aumento dos crimes machistas", advirte o colectivo, tras lamentar os dous novos casos en dous días: un en Calpe (Alacante) e o de Vilalba (Lugo).

De acordo cos datos destes profesionais, nos meses de xuño, xullo e agosto de 2016, 2017 e 2018 un total de 40 mulleres foron asasinadas as súas parellas ou exparellas.

Tendo en conta estas cifras, a asociación demanda o reforzo de "todos aqueles servizos dirixidos a atención e protección das mulleres, especialmente no verán, época na que varios dos factores presentes de forma perenne na problemática da violencia de xénero se ven reforzados, o que supón un aumento da vulnerabilidade das vítimas".

Na actualidade hai máis de 80 CIM por toda Galicia, espazos nos que as mulleres atopan asesoramento e acompañamento da man dun persoal especializado e multidisciplinar.

Participantes na manifestación contra a violencia machista durante o Día Internacional de Violencia de xénero en Santiago
Participantes na manifestación contra a violencia machista durante o Día Internacional de Violencia de xénero en Santiago | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta