Os prezos industriais baixan un 1% en xuño en Galicia tras 31 meses de ascensos

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/07/2019 | Actualizada ás 11:39

Comparte esta noticia

Os prezos industriais baixaron un 1% en xuño en Galicia en relación ao mesmo período do ano anterior, o seu primeiro descenso tras 31 meses de ascensos, segundo os datos que publica este xoves o Instituto Nacional de Estatística (INE).

En relación con maio, os prezos da industria na comunidade galega experimentaron unha caída do 1,2%, de modo que no que vai de ano a evolución é negativa nun 0,9%.

En taxa anual, reducíronse sobre todo en enerxía (-4,9%). Os prezos dos bens de consumo en Galicia retrocederon un 0,7% e subiron un 2,3% os dos intermedios e un 0,8% os de equipo. No conxunto estatal, os prezos industriais baixaron un 0,8% en xuño en relación ao mes anterior e caeron un 0,6% interanual, taxa case dous puntos inferior á de maio.

Operario de AIMEN
Operario de AIMEN | Fonte: aimen.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta