Controlado o incendio forestal de Quiroga tras queimar 149 hectáreas

O incendio forestal que se declarou o mércores pola tarde en Quiroga (Lugo) quedou controlado pasadas as 16,00 horas, despois de queimar 149 hectáreas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/07/2019 | Actualizada ás 17:15

Comparte esta noticia

O incendio forestal que se declarou o mércores pola tarde en Quiroga (Lugo) quedou controlado pasadas as 16,00 horas deste xoves, despois de queimar 149 hectáreas.

Incendio en Quiroga
Incendio en Quiroga | Fonte: Brigada de Marroxo.

Segundo informa a Consellería de Medio Rural, para iso foron precisos en total un técnico, 16 axentes, 42 brigadas, 20 motobombas, unha pa, 10 helicópteros e tres avións.

O lume iniciouse ás 17,32 horas na parroquia de Montefurado, onde a superficie que ardeu correspóndese con 40 hectáreas de monte arboledo e 109 de monte raso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta