Temas: ANGROIS

Unha reunión familiar no Pazo do Faramello pecha os actos de homenaxe ás vítimas de Angrois

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/07/2019 | Actualizada ás 19:30

Comparte esta noticia

Unha reunión familiar no denominado 'Xardín do Recordo' do Pazo do Faramello pechou os actos de homenaxe aos falecidos no sexto aniversario do mortal accidente do tren Alvia ocorrido en Angrois (Santiago) en xullo de 2013.

Xardín do Recordo das vítimas de Angrois
Xardín do Recordo das vítimas de Angrois | Fonte: Europa Press

"Cada ano súmanse máis familias a este proxecto e o xardín segue tomando forma", destaca a plataforma de vítimas, que lembra que neste lugar se plantou "unha árbore de vida por cada vida perdida".

Así, a asociación indica que puideron gozar dunha mañá tranquila en familia, "arroupados como sempre" polo dono do Pazo e impulsor deste proxecto.

Temas: ANGROIS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta