Temas: MORTE FERROL

Achado no seu domicilio de Ferrol o cadáver dunha muller que vivía soa

A muller `odería levar varios días falecida.

Por Europa Press / Redacción | Cobas (Ferrol) | 25/07/2019 | Actualizada ás 20:18

Comparte esta noticia

O cadáver dunha muller de avanzada idade foi achado este xoves no interior do seu domicilio de rúa Alcalde Usero de Ferrol. A muller vivía soa na casa e podería levar varios días falecida.

Axente da Policía Nacional.
Axente da Policía Nacional.

Segundo informaron fontes policiais, foi un familiar quen avisou aos servizos de emerxencia de que non puidera contactar coa muller.

Ante a alarma, ao lugar acudiron tanto os axentes da Policía Local como da Nacional, que atoparon o corpo sen vida da muller.

A Policía Nacional asumiu as investigacións e as primeiras hipóteses apuntan a que a morte se debe a causas naturais.

Temas: MORTE FERROL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta