A Cámara acollerá o mércores o pleno que designará a Dolores Fernández Galiño como nova valedora

. A data deste pleno extraordinario foi fixada este venres pola Xunta de Portavoces, órgano que tamén convocou senllas reunións da Comisión de Peticións e da Deputación Permanente para o vindeiro luns.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/07/2019 | Actualizada ás 13:59

Comparte esta noticia

A Cámara galega acollerá o vindeiro mércores, día 31 de xullo, o pleno extraordinario no que se prevé designar a Dolores Fernández Galiño como nova valedora do Pobo tras a proposta do PP, que contaría co apoio do PSdeG. A elección desta maxistrada como nova titular da institución debe ser apoiada por unha maioría cualificada, é dicir, tres quintas partes do pleno do Parlamento. Para iso, a proposta dos populares galegos conta co respaldo do Grupo Parlamentario Socialista.

Precisamente, este acordo entre populares e socialistas provocou as críticas do resto de grupos con representación na Cámara galega, que criticaron se PP e PSOE repitan "erros" do "bipartidismo" pasado e chamaron a formular unha proposta con amplo consenso para ocular a defensoría galega. A data deste pleno extraordinario foi fixada este venres pola Xunta de Portavoces, órgano que tamén convocou senllas reunións da Comisión de Peticións e da Deputación Permanente para o vindeiro luns.

Xunta de Portavoces no Parlamento galego.. EUROPA PRESS - Arquivo
Xunta de Portavoces no Parlamento galego.. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta