Son forzas independentistas o BNG e Anova?

Feijóo acusa ao BNG e a Anova de ser "independentistas" só o 25 de Xullo. "Se se declaran independentistas non sei porque logo lles molesta que se lles diga isto en sede parlamentaria", apunta.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 26/07/2019 | Actualizada ás 15:23

Comparte esta noticia

Son formacións soberanistas ou independentistas o BNG e Anova?. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, teno claro. "Por suposto que son independentistas", asegurou este xoves na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. O que xa non entende o líder dos populares galegos é porque estas dúas formacións so defenden ser soberanistas o 25 de Xullo e logo ocultan este feito o resto do ano.

A bandeira coa estrela vermella nun partido da selección galega.
A bandeira coa estrela vermella nun partido da selección galega.

"Supoño que os galegos teñen que saber se son ou non independentistas", dixo Feijóo en alusión aos actos que este xoves, Día da Patria Galega, mantiveron tanto o Bloque como Anova e no que se escoitaron numerosas referencias a súa condición de forzas soberanistas. "O que non entendo é porque se declaran indpendentistas só o 25 de Xullo e logo ocultan este feito o resto do ano", ironizou o presidente galego.

"Para iso son máis consecuentes Bildu ou ERC que non teñen reparo algún en declararse abertamente independentistas", destacou Feijóo que criticou a "tibieza" de BNG e Anova en defender esa condición de forzas soberanistas. 

"Supoño que haberá militantes do BNG e Anova que non son independentistas pero as súas cúpulas si que o son", insistiu ao tempo que pediu a esas cúpulas que non oculten ao resto da sociedade galega e os seus propios militantes esa condición.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 26 comentarios

7 nostrus

A mi esta gente, ademas de no representarme, me hace pasar mucha vergüenza al dar la imagen de que los gallegos somos renegados y desleales, cuando la realidad es otra muy distinta y el conjunto de los gallegos somos personas satisfechas de lo que somos y no despreciamos a ninguno de nuestros compatriotas con los que compartimos nacion desde hace siglos. Es una pena que existan nacionalismos empeñados en restar en vez de sumar y avanzar, que meten la cabeza "nun burato" y les impide razonar, teniendo ademas los santos bemoles de llamarse progresistas, cuando su ideario se basa en un pasado y que ademas es inexistente. Nacionalismos NO, gracias.

6 Soliño

O BNG na teoría é soberanista (puro oportunismo e comodidade, sabendo que non hai demanda na base, nin se fai nada para construir a idea de nación formando a sociedade galega), e na práctica real resulta ser un entreguista (vendido ao PsoEspañol). Fagamos memoria, en 1987 houbo eleccións ao parlamento europeo, daquela o PCLN estaba integrado no BNG, e tiveron a ocurrencia de pedir o voto para Herri Batasuna. O líder do BNG era o Beiras, que escachou coas súas finas mans de pianista un posto do PCLN no Toural! Logo, por favor, os fillos políticos do ego do Beiras e os asociados de Podemos (que aceita o relato do PsoEspañol sobre Catalunya, como ben dixo o incontestable deus supremo, don Pablo Iglesias), deixade de facer o ridículo: tamén sodes postureo na procura dun hóspede a quen enganar! A cobardía xa non abonda para explicar o conportamento. Si, no BNG e ANOVA, tíñades un prezo, e vendéstesvos moi barato, case regalado!

5 Roxalia

Anova é independentista desde a súa fundación, sumando dun principio a pequenas organizacións do independentismo de esquerda. O BNG nunca o foi, e ademáis sempre combateu o independentismo nas súas ringleiras con purgas, persecucións e incluso delacións á policía.

4 nostrus

Bueno, o de "forzas" como a da gaseosa, pero recoñezo que fan o que poden. En canto o resto só son grupos de amargados que nos intentan evanxelizar co paraiso galegueiro e a vez procuran demostrarnos as ventaxas do atraso, inda que eles se apropien do progreso a traves do engano e a manipulacion. O único claro desta xente é o seu cacao mental que padecen e co que non paran de inventar inimigos, ademais de considerar aos galegos como seres febles e tontos que deixamos que mexen por nos mentras dicimos que chove. Que vaian rañala.

3 somosparvosouke

En tal caso, partidos. Non teñen músculo para ser forzas.