A Xunta replica que o informe de Contas de entidades dependentes "só recolle parte das medidas de reordenación"

Cifra en case 90 millóns de euros o aforro polo plan de racionalización do sector público.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/07/2019 | Actualizada ás 19:36

Comparte esta noticia

A Vicepresidencia da Xunta replicou que o informe do Consello de Contas sobre extinción de entidades dependentes "só recolle un parte de todas as medidas de reordenación acometidas polo Goberno galego". Respecto diso, apunta que xa trasladou ao organismo "as disfuncións detectadas". E é que, segundo indica, Contas inclúe "unicamente" os aforros producidos nos entes que causaron baixa.

Pola súa banda, sostén que durante os últimos anos a Xunta alcanzou un aforro de case 90 millóns de euros grazas ao plan de racionalización do sector público, a través do cal causaron baixa 88 entidades e 644 contratos e implantáronse "637 medidas de eficiencia".

A través dunha nota de prensa, Vicepresidencia destaca que Contas "non ten en conta as medidas de mellora e eficiencia aplicadas nos entes que seguen en funcionamento". Cita así medidas como a redución de gasto de alugueres ou de persoal, a eliminación de contratos externos, ou as duplicidades das funcións, que "son fundamentais". De feito, segundo os seus números, estas accións supoñen o 77% dos case 90 millóns de euros de aforro alcanzados durante os distintos plans de reestruturación.

Ademais, afirma que o Consello parte dos datos obtidos no inventario do Ministerio de Facenda para computar os entes do sector público autonómico. "Este inventario inclúe entes como os organismos dependentes das tres universidades, ou que pertencen ao sectorpúblico ou estatal. Isto é, son entes que non cumpren os requisitos para ser considerados parte do sector público autonómico segundo o establecido na lei", precisa.

Debido a esta "disfunción", o informe, segundo a Xunta, considera que son 83 as entidades que forman parte do sector público autonómico, "cando son 70", e convida a comprobar este aspecto no portal de transparencia.

ELEVA AS EXTINCIÓNS A 88

Ademais, outra "disfunción", ao seu xuízo, é que computa que son 75 as extincións, cando asegura que foron un total de 88. E explícao debido a que o inventario de Facenda "só computa as baixas a partir do 1 de xullo de 2010", pero a Xunta "empezara antes", en 2009.

Tamén sinala que "non computa entidades que non renderon as súas contas á conta xeral, aínda que isto non quere dicir que non existisen" e agrega que "non computa as altas e baixas no mesmo exercicio", pero que iso "se debeu á necesidade de reordenar as entidades que foron aflorando no inventario". "Algunhas entidades existían con anterioridade á súa alta no inventario e foron dadas de baixa con posterioridade", explica.

Rueda nunha comparecencia na Cámara
Rueda nunha comparecencia na Cámara | Fonte: XUNTA DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta